Últimos días para inscribirse no Curso de Adestradores Nivel 1 de Carballo
Xa saben que o Nivel 1 de adestrador fará falta para poder exercer como técnicos nos equipos de xuvenís en adiante. Pero é que ademais, teoricamente en breve haberá que ter o Nivel 2 para adestrar na Liga da Costa.
Por eso, estamos tendo a posibilidade de realizar os Cursos de Adestrador na volta. Xa tiveron lugar dous cursos en Dumbría e Santa Comba, e agora tócalle ser sé a Carballo para o curso federativo "Instructor de Fútbol Base Nivel 1 - UEFA B". Non sen moitas negociacións coa Escola Galega de Entrenadores e a Federación, por parte de, entre outros, David Velo.
Este curso Nivel 1 dá para adestrar en categoría xuvenil, e serve como segundo paso para o curso de monitor que xa realizaron 60 alumnos en Dumbría e Santa Comba.
25 inscritos mínimos para convertir Carballo en sé permanente
Remata o prazo este venres (o curso empeza en outubro) e polo de agora só hai 12 inscritos. Este número impediría que se desenvolvese polo que o Comite de Adestradores anima ás xentes da zona a apuntarse, sobre todo a todos aqueles que xa teñen o curso de monitor realizado.
En realidade, para que se leve a cabo necesítanse un mínimo de 18 alumnos, e para que Carballo sexa sé permanente destes cursos terían que superarse os 25. É algo que levamos solicitando moitas veces, formación na zona, así que tomemos a palabra.
Inscrición
Xa poden inscribirse a través da web da Federación ou descargando este documento e presentándoo nas delegacións pertinentes. O prazo de inscrición remata o venres 12 de setembro. Poden chamar ao 981 12 17 86 ou poñerse en contacto con David Velo.
Novas relacionadas
Máis artigos de Corredoira
- A Pipa de Corredoira: A por outra fornada de adestradores diplomados.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).