Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Un adestrador de ouro no Fútbol da Costa

Un adestrador de ouro no Fútbol da Costa
Corredoira recibe a insignia de ouro do Comite de Adestradores

Xa temos un adestrador do Fútbol da Costa coa insignia de ouro do Comité Galego de Adestradores. Aí vemos ao presidente do Comité Nacional de Adestradores, Eduardo Caturla, impoñendo a insignia a Manuel González Corredoira, baixo a mirada do presidente do Comité Galego, Luís Arias Barbeito, durante o acto de clausura do II Congreso Internacional de Fútbol celebrado na Coruña a fin de semana pasada.

O míster do Castriz recibe o recoñecemento polos seus anos como membro do Comité Galego de Adestradores, onde comezou no ano 1984, como vocal, baixo a presidencia de Enrique Neto. Logo, en 1994, con Fernando Branco como presidente foi designado secretario do mesmo, posto no que continúa como tal, trala chegada de Luís Arias á presidencia, substituíndo a Luís Ucha, que estivo un ano como presidente en sustitución de Fernando Blanco.

Corredoira, ademais, é profesor de Táctica e Dirección de Equipos nos cursos impartidos pola Escola Galega de Adestradores na zona da Costa. Xa temos pasado polo curso de Dumbría, mesmo dende a Pipa de Corredoira, e de feito este mércores celebrarase a clausura do primeiro curso. Pero estade atentos, que en breve xa se convocará o segundo, para iniciarse en xaneiro-febreiro, e posiblemente en Santa Comba.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios