Mércores. 18.09.2019
El tiempo

Un atleta ceense, 4º na 1ª española e 7 pequenos aos Campionatos Galegos

Un atleta ceense, 4º na 1ª española e 7 pequenos aos Campionatos Galegos

Seguimos confirmando que a Costa da Morte é unha potencia deportiva, e hoxe facemos ficanpé no noso potencial atlético. O comprobábamos a semana pasada coas 13 medallas do Manuela Rial, e hoxe temos que ir ata San Sebastián para seguir os pasos, apúrense que nos deixa atrás, dun ceense moi en forma.

Imos ata o Miniestadio de Anoeta, onde o pasado domingo 20, o clube Atletismo Affelou Narón partipou no II encontro da 2ª Xornada de Liga de Primeira División Nacional. E alí estaba un representante da Costa da Morte, o atleta da ceense Jorge Rodríguez Lariño, que conseguíu un meritorio 4º posto na proba dos 3000 m. obstáculos, cun tempo de 9´58´´ igualando a súa mellor marca nesta proba.

O JA Sabadell resultou vencedor do cuadrangular (209 p.), seguido do Vino Toro Caja Rural (172 p.), sendo terceiro o equipo local, At. San Sebastián (160 p.) e cuarto o Club Atletismo Afflelou Narón (142 p.).

Vindeira proba

Agora os de Narón participarán o vindeiro 2 de Xuño no Octogonal de permanencia contra: At. San Sebastián, Vino Toro Caja Rural, Decatlon Kondy, Bidezábal Atletismo, Súper Amara BAT, Atlético Salamanca e EAMJ-Fuerteventura; para tratar de conseguir a permanencia nesta categoría.

7 altetas do Manuela Rial acoden ao Campionato Galego de Atletismo

O vindeiro sábado 26 de maio celebrarase o Campionato Galego de Aletismo ao aire libre nas pistas do Estadio dá Xuventude en Pontevedra. Á cita acudiran os 3 primeiros clasificados de cada provincia máis as 4 mellores marcas de toda Galicia, sen contar cos xa clasificados por posto.

O colexio Manuela Rial Mouzo de Cee acode, tras triunfar nos Provinciais, cun total de 7 deportistas que competirán nas seguintes probas:

    José Carlos Rey competirá no lanzamento de martelo e de peso. O corcubionés espera realizar un gran campionato sobre todo no lanzamento de martelo, xa que é o actual campión provincial e leva unha das mellores marcas da tempada.
  • O vimiancés Juan José Lema acompañaralle no lanzamento de martelo, coa intención de mellorar as súas marcas do pasado provincial.
  • Samuel Sambade competirá na proba de lanzamento de disco, co obxectivo de superar a súa mellor marca pesonal, xa que aínda ten moito marxe de mellora.
  • Iñaki Coronilla e Juan Baustista Marcote buscarán realizar un bo papel na proba de 3km marcha, do mesmo xeito que Carmen Ramón que pode dar a sorpresa na mesma proba.
  • Pola súa banda Saulo Pose logrou a clasificación para 3 probas. No 1000 m. obstáculos pelexará por unha das 3 medallas, mentres que no salto de altura e no lanzamento de xavelina intentará coarse na mellora para mellorar as súas marcas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC e Nota de prensa do Manuela Rial da man de Luís Alberto Fernández.
1ª Xornada de Liga de Primeira División Nacional disputada na Malata en Ferrol

Comentarios