Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Un cadete costeiro nas semis do Campionato de España de Volei

Un cadete costeiro nas semis do Campionato de España de Volei
Unai Larranaga co 8 na Seleccion Galega de Volei Unai Larrañaga, abaixo segundo pola dereita co número 8, ca Selección Galega Cadete de Volei en Murcia

Foron 5 os costeiros que comezaron o Campionato de España de Voleibol, pero só 1 queda en competición a día de hoxe. Unai Larrañaga forma parte da Selección Galega que se meteu nas semifinais do CESA 016, que se disputa estes días en Murcia.

Se os infantís Xabier Larrañaga e Sergio Castro caeron polo camiño, como o seu míster, o dumbriés Gurutz Larrañaga emais o adestrador das infantís galegas, Charlie, Unai mantén o pulso e esta tarde de venres ás 17:00h enfrontarase a Valencia para meterse na final. Un óso duro de roer, pois o pasado ano truncou a escalada dos galegos no campionato. Os de Eloy Mahía chegan ás semifinais tras vencer a Extemadura pola mañá 3 a 1 (25-20 / 14-25 / 25-23 / 25-23) e pasar líderes de grupo e invictos aos cuartos, nos que asinaron un gran partido ante Andalucía.
Cun xogo moi sólido e ordeado, os galegos plantaron cara aos andaluces e levaron o primeiro set 25 a 22. Seguindo o mesmo plantexamento, apurando en saque e traballando en defensa, anotaron tamén o segundo set con solvencia, 25 a 13. Xa no cuarto, a pesar da reacción dos andaluces, os nosos non dubidaron e aproveitaron a súa vantaxe en contraataque cun xogo moi rápido que marcou a diferenza e os meteu en semis 25 a 22.

Os infantís costeiros aínda teñen un partido, e pelexarán pola mellor praza entre a novena e a décimo cuarta, xogando este venres ás 9.30 horas ante Extremadura, e ás 17.00 horas frente Asturias.

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios