Un cadete fisterrán do Dumbría probará co Levante
Comezas as canteiras de Fisterra e do Dumbría a dar os seus froitos. Así o pode corroborar o cadete Edu Castreje, que pasará unha semana en Valencia para adestrarse e convivir con outros mozos nunha proba co Levante UD.
O mozo fisterrán xoga no club da Costa da Morte na Liga Galega Cadete e aos seus 14 anos apunta bos xeitos e xa o seguen varios equipos importantes.
Malia a súa curta idade, ten ante si unha gran oportunidade de demostrar non só a súa valía, senón tamén a importancia que ten desde fai anos a canteira de novos futbolistas que saen da Liga da Costa.
Na foto vedes a Eduardo, xunto con Jose Álvarez, que colabora como ojeador dunha importante empresa de representación a nivel nacional, e con José Manuel Pequeno, presidente do Dumbría CF.
Enviamos dende aquí as nosas meirandes felicitacións a todo o clube dumbriés, e sobre todo aos dous adestradores dese equipo de Liga Galega Cadete que tan boa temporada está a realizar, Diego Lobelos e Óscar Leis.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Dumbría CF.