Un gol de Barca e a gran actuación de Eva na portería bastaron para superar ao Sada
Importantísimos tres puntos que se quedaron na casa do Fisober nun partido que tivo dúas metades ben diferenciadas, unha primeira de dominio e ocasións para as locais, e unha segunda que se levaron claramente as visitantes. Cun resultado máis propio do fútbol, un gol de Barca e a gran actuación da porteira Eva na segunda metade decidiron o partido.
Liga Autonómica
- Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – SADA (1-0)
- FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO: Eva, Patri, Elsa, Olalla e Barca; tamén xogaron : Nuria, Ylenia, Noelia e Myrella.
- Gol: 1-0, min.16: Barca tras unha xogada de Patri.
O partido comenzou cunha perda do Fisober e unha ocasión por parte de Laura, case a única para as visitantes nesta metade.
Pero despois deste susto inicial as locais tomaron o mando do partido dispostas a levarse o triunfo ante un equipo visitante con moita experiencia e que ben colocado en defensa tentaba roubar e saír a contra. Algo que nesta metade apenas conqueriron.
O dominio non se materializaba en ocasións nos primeiros minutos ante un Sada ben pechado. Aínda así Barca probou sorte dende lonxe en varias ocasións.
Tamén o tentaban Nuria e Patri, pero non conseguían o ansiado gol. Unha Patri que cos seus regates era un pesadelo para as visitantes.
E nunha desas xogadas individuais de Patri foise por banda dereita e cedeu para Barca anotara o gol que a postre valeu a vitoria.
Tentaron e mereceron as locais aumentar o resultado antes do fin, pero non puideron.
O tempo de lecer non lles debeu de sentar ben as de Fisober, xa que a segunda metade foi unha historia totalmente diferente.
O Sada seguía o seu, buscando o erro local para saír a contra e conseguirono con innegable perigo. Así Zulaima probou a Eva os seis minutos. Pouco despois era Laura quen o facía.
Mediada a segunda metade apareceron as mellores ocasión visitantes cando Eva nunha dobre parada frenaba a Zulaima e Laura. E poucos intres despois de novo Laura topabase con Eva.
Tal cantidade de ocasións fixeron crecerse as visitantes que deron un paso adiante na súa presión. Eso abrio un pouco máis o partido para que fora máis de ida e volta.
Pero as locais non eran quen de chegar con claridade ante Marta mentras as visitantes seguían acosando a Eva.
Os últimos minutos Fisober adicouse a contemporizar o xogo e tratar de non perder o balón para quedarse como finalmente foi con tres novos puntos e con catro vitorias en cinco partidos que as igualan a puntos co segundo na clasificación.
Máis información
- Resultados da Autonómica Femenina.
- Clasificación da Autonómica Feminina.
- Resultados da Liga Provincial.
- Clasificación da Liga Provincial.
Crónicas da campaña 2011-2012
- Comezou a Liga Provincial con derbi e derrota vimiancesa.
- O Fisober celebra con vitoria do debut de Nuria Paz.
- O Fisober non puido co campión de Liga.
- O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada.
Máis novas
- Un novo reto para o Fisober.
- O Fisober busca novas xogadoras para ampliar a familia.
- Cee prepara os deportes de inverno e a Liga de Fútbol Sala.
Máis novas do Fisober
- O Fisober pecha a súa primeira tempada na Liga Autonómica nun meritorio 6º posto.
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.