Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cee prepara os deportes de inverno e a Liga de Fútbol Sala

Cee prepara os deportes de inverno e a Liga de Fútbol Sala

Dende o 15 ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para para pre-inscribirse nas diferentes escolas e actividades físico-deportivas para o novo curso 2011-2012 no Concello de Cee.

A pre-inscrición poderase facer na oficina do Servizo de Deportes Municipal, no correo electrónico [email protected] ou ben chamando ao tlfn. 981.745100 (ext. 3).

Liga de Fútbol Sala de Cee 2011-2012

Ademais a Liga de Fútbol Sala Senior de Cee 2011/12 xa ten inicio, e será o vindeiro 17 de outubro.
A inscrición dos equipos se poderá facer xa no Pavillón Municipal de Cee ou ben chamando ó teléfono 645.137.338, antes do 10 de outubro.
Haberá unha reunión informativa sobre o desenvolvemento da liga o venres 14 de outubro ás 20.30 horas, no Pavillón Municipal de Cee.

A idade mínima para participar nesta liga é de 16 anos, que terán que presentar unha autorización paterna que será entregada á organización, así como o D.N.I. O abono dos 230€ de inscrición deberá facerse antes de rematar o prazo.

Este ano, coma o o ano pasado, QPC fará un seguemento especial da competición cos resultados e clasificacións e crónicas nas xornadas claves, como da "finalísima" pasada que gañaron os vimianceses do Dist. Barral.

Teatro e música

Do mesmo xeito, seguen abertos os prazos para inscribirse na Escola de Música de Cee (remata este venres 16) e mais na Escola de Teatro de Cee (o prazo remata o 30 de setembro).

Máis información

Máis información na web www. concellocee.es.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.

Comentarios