Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada

O Fisober comeza o curso cunha vitoria apretada

Comenzou a tempada para Fisober na Liga Autonómica e fixo con vitoria nun emoncionante e disputado encontro xogado en Vimianzo. Unha boa presenza de siareiros foron chegando conforme pasaban os minutos, e entre todos puideron superar a intensa calor.

Fisober - Funeraria Apóstol (2-1)

  • FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO F.S.F.: Eva, Patri, Elsa, Ana e Barca. Tamén xogaron: Noelia, Ylenia, Myrella e Paula.
  • Goles: 0-1 Belén; 1-1 Elsa; 2-1 Patri.
  • Saíron as rapazas costeiras pensando que aínda estaban de vacacións e foron borradas da pista polo Funeraria Apóstol. Aos dous minutos Teresa xa puxo en serios apretos a Eva. Noutra boa xogada visitante foi a local Ana quen evitou baixo paus o gol.
    No minuto 3 o tiro dende a frontal da área de Belén adiantou no marcador ás visitantes. O Fisober non sabía onde se atopaba e o segundo gol do Funeraria andaba preto. Así aos catro minutos a colexiada pitou falta indirecta pola demora no saque de portería e despois do lanzamento da falta Irene non marcou o segundo de miragre.

    O adestrador local Fran Toba viuse obrigado a pedir tempo morto para frear a sangría. E así foi xa que despois duns minutos de respeto mutuo todo mudou.

    O Fisober mediada o primeiro acto dispuña a case ocasión por minuto, primeiro foi Barca, pouco despois Patri, novamente Barca enviaba un balón o longueiro despois dun saque de banda e Ylenia para finalizar esta xeira de ocasión locais que non daban atopado o gol ou ben pola falla de puntería ou pola actuación da porteira visitante Nerea.
    No minuto 12 respostou o Fune cunha contra na que Marta non foi quen de acertar para batir a Eva. O Fisober non se rendía e lanzouse a carga xerando de novo claras ocasións , desta vez por medio de Noelia, Myrella e Ana. O Fune seguía esperando o seu momento a contra e tivo a tiro aumentar a vantaxa por medio de Cecilia cando xa solo quedaban 4 minutos para o final.
    As locais quixeron dar un último estirón antes do descanso e nos últimos 2 minutos foron Noelia e Barca en dúas ocasións case consecutivas quen non podían lograr o empate freadas por unha inmensa Nerea.

    Comenzou a segunda metade como finalizou a primeira con dúas ocasións case de saída das locais, desta vez as que o tentaban eran Patri e Barca, pero o gol non daba chegado. E foi os catro minutos deste segundo tempo cando chegou por medio de Elsa despois dunha serie de rexeites quen foi capaz de lograr a igualada no marcador.

    Co empate parece que o partido se tranquilizou e o Fune voltou a dar un paso adiante. Aínda así a local Noelía tentou sorte dende lonxe e o seu lanzamento foise o pau pouco despois do gol da igualada.
    Como dixemos as visitantes apretaron de novo e os 8 minutos puxeron en serios apuros a Paula que defendeu a portería local nesta segundo acto e a goleadora Belén nese mesmo minuto tamén tentou marcar pero non foi capaz. Case sin recuperarse do dobre susto anterior de novo Belén perdou o 1 a 2.

    E o que perdoa paga di o refrán e así foi , nunha gran combinación das locais o balón chegou a Ana quen cedeu para que Patri adiantara as súas no tanteador. Este gol mudou o guión do partido, que pasou de ser intenso e vibrante a ser máis pausado e cos nervos e a ansiedade polo resultado trocando de lado. Aínda así a visitante Cecilia case iguala sólo un minuto despois do gol de Patri.

    Dende aquí ata o final o Fune dominou o partido pero non foi quen de atopar un furado na defensa local e aínda Barca a 3 para o final, nunha xogada na que as visitantes pediron que o balón saíra, ca porteira desprazada viu como unha defensa sacaba o balón na liña de gol.

    Apuntar o debut de Ylenia en Liga Autonómica que tivo unha boa actuación e a lesión da local Olalla no quencemento a cal se resintiu dunhas molestias que lle impediron disputar o partido.

    Vindeira cita

    • Leis Pontevedra F.S. - Fisober F.S.F.

    Máis información

    Novas relacionadas

    Máis novas do Fisober

    Fonte

    • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
    • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios