Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un libro cos campos do Fútbol da Terra

Un libro cos campos do Fútbol da Terra
Foto dun Muxia-Bainas en Arlina no libro O Futbol da Terra Foto dun Muxía-Baíñas en Arliña no libro O Futbol da Terra

Hai un tempo recuperábamos nunha completa e fermosa reportaxe (non está ben que o digamos nós pero…) dos campos esquecidos do Fútbol da Costa. O Carreiro, o Escarabajo, Potocubelo, Os Petóns, o Balsiño, Portorrubio, o Punta Insua, o Beiramar, o Cubeleiro… Nomes que nos lembran unha épica paxina do noso deporte.

Nesa liña chega a nova publicación editada pola Federación Galega. “O Fútbol da Terra” é unha publicación composta de imaxes de campos de fútbol na que cada fotografía nos conta unha historia. O seu autor é o fotógrafo afeccionado Robert Willemse, de orixe holandés.

Ademais de ser repartido entre os medios e entre todos os clubs de fútbol de Galicia, a FGF vai poñer á venda unha parte da tirada co obxectivo de xerar uns beneficios que irán destinados a dúas asociacións/entidades que fan un traballo excepcional con nenos e nenas con diferentes problemas de saúde:
- Esperanza Salnés: Asociación de axuda a nenos e xóvenes con minusvalías.
- Asociación Asanog: Asociación de axuda a nenos con cáncer.

Polo de agora o libro estará á venda nas Delegacións da RFGF, pero en breve tamén se poderá mercar vía online e en librerías.

Portada do Libro O Futbol da Terra

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios