Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Un muradán no equipo campión Galego de Duatlón contrarreloxo

Un muradán no equipo campión Galego de Duatlón contrarreloxo
Manu Dosil no alto do Podio co Olimpico de Vedra Manu Dosil no alto do Podio co Olimpico de Vedra Vai en serio Manu Dosil nisto do Duatlón. O muradán está demostrando que aínda hai moito futuro deportivo despois de colgar as botas de fútbol, rendendo entre os mellores de Galicia, e mesmo de España. Esta fin de semana vén de proclamarse xunto cos seus compañeiros do Olímpico de Vedra, vencedores dos Campionatos Galegos de Duatlón Contrarreloxo por equipos, celebrado precisamente na cidade pontevedresa de Vedra. Os anfitrións fixeron unha proba espectacular, cun tempo de 01:01:16, con 19 segundos de vantaxe sobre o Triatlón Ferrol. Non para quedo o muradán pois a semana pasada meteuse na final do campionato galego de Duatlón, acabando 4º na proba desenvolta en Guitiriz. Agora toca preparar o clasificatorio para o Campionato de España, que se celebra o 18 de marzo en Gernika. Xa estivo Dosil o ano pasado no Elite de España, e intentará mellorar o acadado o ano pasado, aínda non o vai ter fácil, porque se superar un subcampionato galego é complicado, meterse entre os 30 mellores de España aínda é máis dífícil. Manu Dosil liderando aos seus en Vedra Manu Dosil liderando aos seus en Vedra

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios