xoves. 01.05.2025
El tiempo

Un orgasmo de dezaoito kilómetros

Un orgasmo de dezaoito kilómetros
A distancia que separa Vimianzo de Camariñas podería representar unha imaxinaria vía da felicidade, despois de que os seus equipos se convertisen en grandes protagonistas da xornada O Camariñas derrotou ao Ponteceso con claridade O Camariñas derrotou ao Ponteceso con claridade Desde o castelo irmandiño ata as palilleiras de Camariñas poderían ir contándose as súas xestas da fin de semana os futbolistas do Soneira e a vila do Carme, toda vez que os seus equipos son os grandes nomes da fin de semana. Un vial de dezaoito kilómetros nos que, por exemplo, saldrían os segredos de como en Preferente se vence en Ponte dos Brozos de Arteixo, ou de como un dos grupos máis xoves da Liga da Costa lle fai un 'sete' a un Ponteceso que a pasada campaña loitaba polo título. Non foi nas categorías nobles, e salvo o asalto á terra de Inditex, un día para sacar peito. A normalidade impúxose, seguramente, no derbi entre Sofán e Laracha no Carral, aínda que a táboa de clasificación non falase desa diferencia. Por outra banda, o Xallas tampouco xoga na mesma liga que un Bertamiráns que venceu no intercambio de golpes. Moito máis interesante para os intereses propios resultou ser unha Primeira Galega chea de boas novas. O triunfo do Outes en Padrón, que manten unha progresión positiva, ou o do Zas en Agolada no 'domingo de flores', toda vez que o punta Álex asinou os catro do seu equipo. Seguen invictos, aínda que esta vez fose sumando de punto en punto, o Dumbría e unha SD Fisterra que parece vincularse a iso de '90 minuti molto longo', tras outro postreiro gol. Amén da catástrofe ou xesta do Hermanas Patiño, segundo o punto de mira, as novas na Liga da Costa foron a recuperación da efectividade dun Corme que superou ao Corcubión, así como a constancia do Castriz no seu reinado. Un Baio en xeira e sen miramentos chega silenciosamente desde atrás e acadou tres puntos en Mazaricos, zona máis que perigosa. Outra sorpresa asinouna o Buño no derbi co San Lorenzo. Foi de goles e de locura unha Terceira Autonómica máis que muxián, e cun progresivo papel protagonista de Lira e Nantón, que venceron con apuros. O Volantes segue a marcar moito e encaixar proporcionalmente.  

PreferenteNorte, xornada 6

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 5

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 5

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 4

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 3

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 3

LigaGalega Cadete, xornada 4

1ªCadete, xornada 3

LigaGalega Infantil, xornada 4

1ªInfantil, xornada 3

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios