Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Un pichichi costeiro director dun hotel en Tenerife

Un pichichi costeiro director dun hotel en Tenerife
Jaime Lorenzo Regueira, do Ponteceso SD a Tenerife Jaime Lorenzo Regueira, do Ponteceso SD a Tenerife

Hai pouco, durante unhas vacacións, topamos un veterano do Fútbol Costeiro. En Tenerife, rexenta un hotel Jaime Lorenzo, que coida o seu trofeo como Pichchi da Costa da temporada 96/97, cando xogou no Ponteceso. Non esquece o fútbol, pois é ademais o presidente dun club tan famoso como o Raqui San Isidro, sobre todo coa venda de Pedro ao Chelsea, que lle orixinou máis de 400 mil euros en concepto de formación (case nada para un equipo de Preferente).

Falamos con Chema Suárez para que nos conte un pouco máis sobre o seu paso polo fútbol costeiro. “Só estivo xogando unha temporada no Ponteceso, a 96-97, a onde chegara procedente do Laracha da Preferente. Contaba o Ponteceso cun bo equipo e ao final quedara 4º, pero a 32 puntos do campión, o Malpica, que non perdera ningún partido (alí xogaban Suso, Ambrosio, Rogelio, Chilín, Mouzo, Rolando, Mino, Oscarín...). O equipo pontecesán estaba adestrado por Javier Bardanca (actual míster do Silva da 3ª División), que tamén era xogador e formaba parella atacante con Jaime (aos que despois se uniría un aínda novo Vituco)”.

Cóntanos Chema, autor xunto a Lema Suárez do libro 50 anos da historia do Fútbol da Costa, que na enciclopedia (p.302) “figura unha anécdota dunha liorta nun Ponteceso-Nantón no que foi agredido polo porteiro visitante”.

Con respecto ao trofeo de Pichichi, Chema sinala que non foi da Liga da Costa, pois a pesar dos problemas para contabilizar os goles, o máximo goleador desa tempada foi Mino do Malpica con 30 goles (dos 96 do equipo), mentres que o Ponteceso só marcara 56. “Seguramente sexa o de máximo goleador do club, como así mo insinuou un dos integrantes daquel equipo”, apunta.

Esa temporada, o Ponteceso acabaría chegando á final da Copa da Costa. Jaime xogou as dúas primeiras eliminatorias marcando catro goles, pero despois non volvería xogar ata a final. Xogou o partido de ida, no que xa quedou sentenciada a final, e non disputaría a volta. A Copa fora para o Fisterra das prometedoras figuras, pois nel estaban os aínda novísimos Llanero, Pesca, Noé ou César. Jaime xa non xogaría a seguinte temporada no Ponteceso (na que estes quedaron campións), e non sei cal foi o seu destino”, cónta Chema.

”Polo que oín comentar a ese ex-compañeiro seu, algúns dos que xogaron esa temporada no Ponteceso manteñen relación con el e había un plan de iren ás Canarias e visitalo, pero foise adiando e non se sabe se terá lugar algún día”.

”Xa podían vir xogar un amigable co Ponteceso”, propón Chema.

Novas relacionadas

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Fonte

Comentarios