Un pontecesán e un carnotán entre os Mellores do Mundo do Fútbol Praia
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2012/07/10/O-Pontecesan-Amarelle-e-o-carnotan-Miguel-Beiro-na-Seleccion-Futbol-Playa-en-Moscu.jpg)
![O pontecesan Ramiro facendo unha chilena no Torneo de Moscu -Foto-curcuitofutbolplaya](/media/quepasanacosta/images/2012/07/10/O-pontecesan-Ramiro-facendo-unha-chilena-no-Torneo-de-Moscu-Foto-curcuitofutbolplaya.jpg)
Falar do Mellor Xogador da Historia do Fútbol Praia non parece que sexa algo baladí. E se dicimos que é da Costa da Morte non mentimos. Ramiro Amarelle (Ponteceso, 1977) segue a ser o Mellor xogador en activo deste deporte, e refrenda así a súa posición como mellor da súa curta, iso si, historia.
Amarelle liderou á "súa" (fai de seleccionador, manager, capitán, pichichi...) Selección Española para conseguir o Torneo de Clasificación para o Campionato do Mundo de Tahití 2013, onde volverá estar a "Roja". Amarelle, que volveu marcar na final ante Rusia, flamante campiona do mundo e anfitriona, marcou este xigante golazo de chilena para batir a Ucrania na semifinal, con 4-4 no marcador cando quedaba pouco para o final... Cando fan falta, aparecen os cracks.
Amarelle, cos seus 10 tantos nos 6 partidos do torneo, levou o MVP, unha vez máis, e xa van unhas cantas. Pero o máis importante é que volve situar á selección española no panorama mundial deste deporte. I é que se ben a Selección foi Campiona do Mundo nos últimos anos estaba algo fóra do circuito.
Un carnotán de escolta
![O-carnotan-Miguel-Beiro-tamen-xoga-na-Seleccion-Espanola-de-Futbol-Playa](/media/quepasanacosta/images/2012/07/10/O-carnotan-Miguel-Beiro-tamen-xoga-na-Seleccion-Espanola-de-Futbol-Playa.jpg)
Ademais no Campionato participou outro costeiro, o carnotán Miguel Beiro. Mandámoslle a nosa meirande felicitación polo triunfo.
Unha de fútbol praia a Lariño
E atentos, que o festival do Asaghieiras xa ten argallado o I Campionato de Fútbol Praia de Lariño. A cita estes 28 e 29 de xullo na praia carnotá. Esperemos ver a Migui por alí, así como na Festa da praia do Ézaro.
![Campionato de futbol Praia de Larino 2012](/media/quepasanacosta/images/2012/07/10/Campionato-de-futbol-Praia-de-Larino-2012.jpg)
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).