O histórico derbi entre Baio e Soneira é tamén unha final para a permanencia e o ascenso; na Liga da Costa estase a cocer unha romaría-festa popular con motivo da chegada do Fisterra a Ara Solis
Imaxe dun sempre intenso derbi soneirán entre Soneira e Baio-Foto-Santi Soneira
Debe ser que a primavera altera o sangue que co paso das semanas ponse máis e máis 'cachondo' o fútbol da Costa, nos dous sentidos da palabra. No de atracción ou motivación entra o primeiro dos dous partidazos da semana.
Baio e Soneira retoman un dos derbis con máis rivalidade e historia de toda a bisbarra, pero é que ademais poñen sobre a mesa os boletos que ata o de agora levan mercados na loita pola permanencia e o título de campión. Se se collen a traxectoria desta tempada, o rendemento vimiancés é mellor no conxunto de partidos 'neutrales' que nos enfrontamentos contra veciños ou coñecidos. Un dos seus verdugos foi de feito, na primeira volta, o cadro branquiazul. Todo están a ser emocións fortes na carreira á gloria dos de Manolitos, que para quente xa estivo a remontada contra o Lesende dunha semana atrás. E quente, pero de cabreo, ten que estar o plantel baiés, despois dunha inesperada derrota no campo dun desahuciado Palmeira. O resto da Primeira ven marcada pola durísima saída do Corme a Piloño, e a do Sofán a Lesende, onde as baixas mermarán aos noieses. Outes, co Carcacía, e Malpica, na casa tamén co Tordoia, xa apenas xogan algo. Arriba, na Preferente, outro prato duro para un Xallas que viaxe a Paiosaco, ante un rival que se xoga o ascenso. O Dumbría recibe ao Chantada.
Cachondo, pero doutra forma, será o debut como líder do Fisterra.
Será en Ara Solis, ese templo que ten debuxado últimamente unha complicidade especial entre pobo e 'barco'-equipo. De feito, como se das peñas do Depor no María Pita se tratase, habrá unha peregrinaxe histórica ata o campo. Da organización tense encargado
The Rapacollón´s Big Band; fútbol samba e testos. A idea é que mentres xoga o Fisterra o pobo quede deserto, apelando a tempos pretéritos de gloria do balompé modesto. O enunciado da proposta é este:
"Poucas cousas hai na nosa terra que unan tanto como o sentimento de acudir ao Ara-Solis para animar a nosa xente. Estamos orgullosos do noso Fisterriña. E o orgullo, xunto ca Semana Santa o entroido e os testos, é característica nobre en todo fisterrán de ben. Pretendemos organizar unha gran batukada que leve a todo o pobo unido en peregrinación hacia o sambódromo do Ara-solis. A quedada terá lugar as 16.00h no río da Mixirica. Uns minutos máis tarde enfiaremos a costa da Atalaia para ir achegándonos oa campo… (sic)". O pobo ten respondido cunha sorte de hashtag, pero en facebook:
Samba is coming. Hai tamén un chamamento para que os que acudan á resposta leven todo tipo de cousas para facer ruido.
A todo isto que
o visitante Mazaricos chegará despois do partido nocturno deste venres ante o Volantes, aprazado a semana pasada, coa ilusión de que se vence os dous partidos meterase de novo dunha pelexa que non tiña por que ter saído.
Os outros dous candidatos ao título,
Zas e San Lorenzo, teñen un menú de difícil dixestión igualmente. Viaxe a San Pedro de Castriz para os sportinguistas e recepción ao Ponteceso para o San Lorenzo. Os da Vila de Pondal teñen perdido algo de punch nas últimas semanas, e tampouco As Pedreiras parece o escenario perfecto para eles. Na loita por seguir na Liga da Costa ten na Grixa unha cita chave: Porteño-Buño, dous equipos en liña ascendente e que veñen de golear unha semana atrás.
E na 3ª Autonómica si que toca final sen marcha atrás. O novo campión, o Laxe, recibirá presumiblemente pasillo en Camelle nunha cita intrascendente. Todo o contrario o serán
a visita do Corcubión a Lira e do Muxía a Louro, onde un triunfo local devolve aos muradáns á Liga da Costa. Por un erro pasan as opcións do Corcubión, que ten que superar o que fagan os brancos. O Muxía, de vencer e caer os corcubioneses, acadaría o triple empate. Dumbría-Bergantiños en Xuvenís e Areosa-Dumbría en División de Honra Cadete compretan unha semana de grandes emocións.
Dumbría |
09-07 - 17:00 |
Dumbría |
Areosa |
10/03 - 11:30 |
Dumbría |
 :
Novas relacionadas
Máisinformación
Fonte