Un solpor a ritmo de verso
20:53 03/09/10
Arredor dunhas cincuenta persoas achegáronse na tarde do pasado sábado, 31 de xullo, ata a Praia dos Cristais de Laxe para desfrutar dunha nova edición do Solpor Poético. Son catro anos xa os que leva apostando o Concello de Laxe por esta cita, na que se mestura representación e poesía ante un marco incomparable como é o solpor na Praia dos Cristais e a compañía visual e tamén sonora, do mar aberto.
O acto tivo como base a representación do espectáculo “Ronda Poética. O Batallón Literario” a cargo da compañía coruñesa Femme Fatale. Fermosa a caracterización deste grupo de artistas, que nos ofreceron unha reflexión sobre a lingua galega a través da nosa literatura, sempre na compaña do movemento continuo.
Entrega de premios do IV Certame de Poesía Antón Zapata García
Ao peche do acto tomou a palabra Tamara Salvadores, animadora sociocultural do Concello de Laxe quen presentou aos premiados no IV Certame de Poesía Antón Zapata García. Na categoría infantil acadou o premio Lara Castro Lema coa súa obra Meus amigos. Tmaén levou un premio a abusona ceense Rocío Leira Castro con A levidade dos soños. E xa por último, na categoría de adultos resultou premiada Mari Carmen Nantón Vidal, seleccionada co seu poema Sentir. Logo de recitar as súas obras, procedeuse á entrega dos premios, uns recoñecementos que entregou a concelleira de Traballo do Concello de Laxe, Begoña Rodríguez.Novas relacionadas
- Este xoves 5 de agosto Os Piratas entran na Costa da Morte por Laxe.
- Programa de verán: Laxe un verán de maxia, música e teatro e pé de rúa.
- Rocío Leira gaña, de novo, na casa.
- Laxe lembra a Antón Zapata co IV Certame de poesía.
- O Tren da Unha, a pola canción do verán.
Fonte
- Redacción e fotos de Fran Lago para QPC ( [email protected] ).