Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un Vila de Cee FSF de Ferro

Un Vila de Cee FSF de Ferro
O Vila de Cee FSF con Carlos Oliete en Ferroatlantica

Visita de cortesía realizou esta mañá o equipo do FSF Villa de Cee ao que vén sendo o seu patrocinador dende o berce. O director da Zona Noroeste do Grupo Ferroatlántica, Carlos Oliete, recibiu na fábrica de Cee, a unha representación do equipo ceense, que quedou campión na Liga Provincial de Fútbol Sala, en categoría feminina e subcampeón na masculina, o que lles dá acceso á Liga Autónómica Galega, que disputarán a próxima tempada. Así mesmo, ambos combinados gañaron este ano a Copa Provincial.

A comitiva do Vila de Cee, integrada pola súa directiva, os capitáns dos equipos masculino e feminino e unha selección de xogadoras deste último, trasladaron a Carlos Oliete o seu agradecimiento polo apoio que veñen recibindo por parte da empresa e detalláronlle os logros alcanzados na tempada 2015/2016, así como os obxectivos para a seguinte.

Desde a súa creación fai tres anos, o equipo feminino de fútbol sala segue mellorando o seu rendemento e subindo postos na clasificación: 7º lugar a primeira tempada, 5º a segunda e, finalmente, campioas este último ano. Pola súa banda, o equipo masculino, formado esta última tempada, xa se estreou coa primeira posición na liga, grazas a un traballo intenso e ben planificado.

Moito futuro

De cara á seguinte tempada, ademais de afrontar o cambio de categoría dos equipos senior, queremos crear un segundo equipo feminino, consolidar as categorías base e presentar por primeira vez un equipo na categoría cadete masculino. Ademais, referiron o éxito do II Campus Ferroatlántica FSF Vila de Cee, no que participaron 72 nenas e nenos entre os 5 e os 15 anos.

Carlos Oliete felicitou a todos os integrantes do club tanto polos resultados obtidos como pola traxectoria do club. “este é o tipo de iniciativas nas que a Ferroatlántica gústalle participar, porque fomenta o deporte de base, favorecendo que as novas xeracións crezan con sólidos valores de esforzo, compañerismo e hábitos saudables. Pero, ademais, neste proxecto apréciase a boa xestión e a implicación absoluta de todos os seus integrantes, o que fai prever un futuro cargado de boas noticias como as que hoxe viñeron a compartir connosco”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios