Luns. 07.10.2024
El tiempo

Unai Larrañaga, anfitrión da Selección Galega de Volei Praia no Ézaro

Unai Larrañaga, anfitrión da Selección Galega de Volei Praia no Ézaro
Unai Larranaga coa Seleccion Galega de Volei Praia no Ezaro2 A Selección Galega de Volei Praia adéstrase no Ézaro Unai Larranaga coa Seleccion Galega de Volei Praia no Ezaro Unai Larrañaga coa Seleccion Galega de Volei Praia no Ézaro

Segue medrando este pequeno dumbriés, que ten a seguinte parada na casa. Será o anfitrión da Selección Galega de Volei Praia que se reúne estes días na praia de Dumbría para preparar o Campionato de España en Idade Escolar, que comezará o vindeiro venres 30 no CIVP Lorca (Murcia) e se estenderá ata o domingo 2 de xullo.

Os adestramentos están sendo de luns a mércores aproveitando as instalacións das que dispón a Federación Galega de Voleibol no Centro de Tecnificación de Volei Praia de O Ézaro e servirán para conformar as Seleccións Galegas que viaxarán a Lorca a disputar o nacional. En Dumbría atópanse dezaséis deportistas, entre os que está o dumbriés. Este ano o obxectivo volve a ser o de dar continuidade ao Plan de Tecnificación que se puxo en marcha hai xa cinco tempadas e que foi conquistando progresos nesta categoría, entrando entre os mellores do país nos últimos anos, cunhas meritorias quinta (masculina) e sétima (feminina) posicións na pasada edición do torneo. Trátase dun proxecto con visión de futuro.

Entre os convocados da categoría masculina para esta concentración atópanse, Ignacio Valeiras (C. Voleboleiros Sada), Daniel Torres (C. Voleboleiros Sada), Javier García (C. Voleboleiros Sada), Douglas Rivas (CV Vigo), Bran Bugarín (CD Padre Faustino), Rubén Martínez (Barraña VP), Daniel Olveira (Barraña VP) e Unai Larrañaga (CF Dumbría).

No proxecto feminino participan Laura Vázquez (C. Voleboleiros Sada), Clara Barrios (VP Riazor), María Pedreira (C. Voleboleiros Sada), Sandra Castro, Marta Otero (CDPF), María Otero (CDPF), Emma Ordoñex (Barraña VP) e Lucía Prol (CV Emevé).

Este mércores coñeceremos os nomes dos seleccionados que partirán cara Murcia para tentar mellorar cada ano os resultados acadados por Galicia nos nacionais.

Novas relacionadas

Crónicas do Volei Dumbría

Comentarios