Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha amizade a base de paus e fair play

Unha amizade a base de paus e fair play
Unha portería, un clube, unha vida competindo entre eles... e unha relación que debería ensinarse en calquera Escuela de fútbol base; así é a historia de Dani Varela 'Fedeyo', arqueiro do Sofán, e o seu durante máis dunha década compañeiro Julián, agora no Xallas Fedeyo, á esquerda, e Julián, durante unha das múltiples vivencias xuntos A tendencia dos remakes, así como a falta de ideas dos guionistas, enche as carteleiras dos cines de medio mundo. Se un deses compositores de escenas escritas pasase por Carballo igual a masa verde empeza a compoñer unha sorte de versión deportiva de The Parent Trap ('Eu a Boston e ti a California'). Nin son xemelgos nin irmáns, polo menos no tema estrictamente xenético ou biolóxico, pero na práctica Dani Varela Lema 'Fedeyo' (Berna, Suiza, 1992) e Julián Couto Varela (Carballo, 1992) son incluso algo máis. Son, sobre todo, un exemplo para dar en calquera campus infantil ou para calquera anuncio deses que a UEFA ou a FIFA impregnan de #respect ou @#fairplay. Amigos desde que empezaran a balbucear, e compañeiros desde que con nove anos entraran nas Escuelas Luis Calvo, só o azar e a volatilidade dunha carreira deportiva os separou en 2014, despois de alternarse na titularidade das Eiroas no Bergantiños de Terceira. Hoxe volven compartir categoría. Fedeyo é unha das bases da mellor tempada na historia do Sofán, mentres que Julián pasa por ser o garante da seguridade do Xallas, conxunto máis en forma da liga. Físicamente antagónicos (Fedeyo é branco como a camiseta do seu Madrid e máis baixo, mentres que Julián é moreno e espigado), e cun carácter moito máis reservado no caso do xalleiro, por eles parece pasar a fórmula da amizade perfecta. E iso que baixo paus apenas ten habido un titular habitual. Pero, por que nunca entre eles pasou nin pasará un Fernando Martín con Petrovic ou un Ter Stegen e Claudio Bravo? A resposta de ambos é directa e clarificante. "Somos amigos desde os 3 anos, a nosa competividad sempre nos veu ben a cada un, aparte de favorecer o equipo; sempre estivemos por igual excepto en duas ocasions, eu na etapa de cadetes, e Fedeyo no ultimo ano xuntos no primer equipo de Terceira", explica Julián. "Claro que se pode ser amigos e competir, e o noso é un claro exemplo; creo que no campo competimos, pero cunha rivalidade sana; sempre alternabamos, pero por circunstancias nalgunha tempada un tuvo máis minutos que outro", apunta Fedeyo. Curiosamente, desde que as circunstancias na súa casa, o Bergantiños, lles provocasen un histórico 'divorcio' deportivo, ambos teñen asumido a condición de indiscutibles alá por onde pasaron. De Julián só pode haber un bo recordo en Dumbría en no anterior Xallas de Santa Comba, así coma no Laracha. Máis longa foi a odisea de Fedeyo, con alternancia de categorías. Desde a Primeira Autonómica co Baio á Terceira División co Órdenes, pasando por Dubra e Laracha en Preferente. Agora, parece que asentados en sitios moi estables, nin miran de novo ás Eiroas no horizonte, e só pensan en seguir medrando. "Non creo que esteamos no noso mellor momento, ainda somos xoves e quedannos moitos anos de competición. Vaise a entrenar cada dia con moitas ganas de seguir aprendendo e asi poder estar preparado para realizar o mellor partido posible cando chegue a fin de semana, e así cada xornada", lembra Julián, que só ten boas palabras para o Bergantiños. "O ultimo ano que xoguei en Carballo a directiva deunos a oportunidad de poder defender o equipo en Terceira Division, e ambos estamos agradecidos por esa mostra de confianza, e aínda non xogue sigo ligado o club, xa que este e o segundo ano que adestro a un equipo da base", comenta. Pola súa banda, Fedeyo parece respostar coma irmán xemelgo. "Pode ser un bo momento pero son dos que penso que sempre se pode mellorar", di, que sobre o clube do seu pobo matiza: "Tiven a miña etapa no Bergantiños, na que disfrutei moito, pero o fútbol non acaba aí". Unha das decisións máis difíciles para un futbolista xove, sobre todo polo medio non hai un bo feixe de euros, acostuma a ser o baixar de categoría, ou dar un paso atrás para tentar pegar dous ó frente. Julián e Fedeyo tiveron a determinación a confianza para facelo, e os réditos semellan evidentes agora e potencialmente. "Non sei si para volver a subir...a diferencia de categoria esta aí, pero eu sinceramente a categoria é ao que menos importancia lle dou. Doulle mais importancia a comodidade e valor que che pode aportar un equipo a traves dunha directiva, dun corpo tecnico, que axa un gran grupo de xogadores e sobretodo persoas , e eso e o que me estan aportando ahora mismo no Xallas", subraia Julián. "Baixar é sinxelo, pero subir é máis compricado e hai que facer as cousas moi ben", agrega Fedeyo. Pois si polo bo facer é, que lles vaian reservando unha ficha alén da Preferente… e pode que sen cambiar de clube, a tenor das xeiras de Xallas e Sofán. Mentres, e aínda que por xeración lles queden a eles un pouco lonxe, vendo a historia de Julián e Fedeyo a un lle veñen á cabeza letras de moitas cancións, como o Friends will be friends de Queen ou, poñéndose cursi e noventero, o No te fallaré da serie Compañeros, nos dous casos nin ao pelo para ambos. Canto se coñecen realmente Julián e Fedeyo? QPC somete a ambos a un cuestionario sobre os gustos, tendencias e incluso talla de guantes do seu excompañeiro e amigo, e a verdade é que a resposta foi sen dubidar… Canto sabe Julián de Fedeyo?… Talla de guantes: Talla de guantes 9'5 e talla de botas 44-44'5 Unha virtude e un defecto: Non dar nada por perdido e ser moi impulsivo A súa mellor parada e cantada: unha man contra o Madrid no Torneo de Arousa… cantada non lembro Bebida e comida favorita: Cola Zero de dia, Gin Tonic ou unha Estrella de noite; comida, a pizza Canción e grupo: Paco de Lucía Porteiro favorito: Obviamente, Iker Casillas 'El Santo' Canto sabe Fedeyo de Julián?… Talla de guantes: 9 Unha virtude e un defecto: O poderío físico e como defecto…. as fotos que nos saca aos colegas cando estamos despistados A súa mellor parada e cantada: As que fixo na final da Copa da Costa a pasada tempada, e cantada non lle vin Bebida e comida favorita: A pasta e a caña Canción e grupo: Ay mi Dios de Yandel con Pitbull Porteiro favorito: Iker Casillas

Comentarios