Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha de fútbol celeste e outra de fútbol enerxético en Cee

Unha de fútbol celeste e outra de fútbol enerxético en Cee

Damos conta hoxe de dúas novas relacionados co fútbol ceense, i é que o Celta de Vigo achégase á capital da Xunqueira, ao tempo que deu remate a Liga de FS de ferroatlántica.

O Celta achégase a Cee

Este pasado venres, tiovo lugar en Cee a presentación do Campus Fundación Celta de Vigo. María José Fandiño (Concelleira Delegada de Cultura, Educación e Deportes) e Daniel Oca (1º Tenente de Alcalde) recibiron aos representantes da Fundacion Celta de Vigo, Jose María Goekoa. Director da fundación Celta de Vigo, Hugo Rama. Coordinación do campus.

Unha boa nova, dende logo, para o fútbol da Costa o de achegar aos equipos do país á zona, e loitar contra a doble cor "merengue e blaugrana) que invade a pequenos e maiores.

Así, a idea é un campus de fútbol base para desenvolver durante a última semana de xullo en Cee. Custa 120€ e xa poden poñerse en contacto co Concello ceense para matricular aos seus pequenos.

Enerxía campionar

O equipo integrado por traballadores do departamento de "Enerxía" proclamouse campión do Trofeo Ferroatlántica de fútbol sala, tras imporse ao de "Mantemento Cee" na final que se disputou onte xoves. Unha liga que contou con un total de 80 traballadores das fábricas de Cee e Dumbría.

Ao termo do encontro, entregáronse os trofeos aos primeiros clasificados, así como aos xogadores máis destacados desta liga interna, que este ano alcanzou a súa terceira edición.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Notas de prensa do Concello de Cee e de Ferroatlántica.

Comentarios