![A mazaricas Tatiana coa Seleccion Galega contra Baleares]()
A mazaricá Tatiana coa Selección Galega nun partido contra Baleares-Foto-FGF
Tatiana Barcia, esa mazaricá exemplo do esforzo deportivo para toda unha comarca, vestirá, unha vez máis a camisola da Selección Galega
A xogadora do FSF Villa de Cee CF e do Victoria (como cambia o panorama cando non lle coinciden os partidos e pode xogar co cadro ceense) foi unha das convocadas ca Selección Galega para disputar o XII Campeinato de Seleccións Autonómicas Sub-18, que se disputa os vindeiros 3, 4 e 5 de febreiro en Bilbao, nas míticas instalacións de Lezama.
A costeira particiou o pasado mércores 25 de xaneiro e onte, martes 31, en sendos adestramento en Cambados ás ordes do adestrador Quin Valbuena. Agora tócalle buscar a fase final lucindo o dorsal número 7 da camisola galaica.
O venres toca xa viaxe. As nosas seleccións estarán aloxadas no Gran Hotel Bilbao e xogarán o venres 3 de febreiro e o sábado 4. Arrincarán contra Murcia ás 12:15h,. e o domingo toca contra País Vasco á mesma hora.
Cabe destacar que a Selección Sub-18 afronta esta 2ª Fase con 3 puntos no seu haber e con opcións de clasificarse para a Fase Final, pero coa necesidade de gañar os dous partidos.
![Tatiana Barcia coa Seleccion Galega Sub18]()
Tatiana Barcia, a primeira pola esquerda da fila de abaixo, volverá xogar coa Selección Galega Sub18
Tatiana é moi querida na súa terra, como o corrobora a homenaxe que lle rendimos na
Gala do Fútbol da Costa-QPC do ano pasado, sendo ademais unha das protagonistas dos
vídeo deportivo da Esencia de Mazaricos:
Novas relacionadas
Fonte