Unha nova directiva salva o Unión Club Cee


Primeiro tivo que ser o Sporting Zas. Agora tocoulle ao Unión Club Cee ser rescatado do naufraxio no que se viu envolto neste verán e que mesmo ameazou ca súa desaparición. Un dos equipos históricos da nosa Liga da Costa xa ten asegurado o seu futuro coa creación dunha nova directiva.
Anunciaba o club esta fin de semana que o novo presidente será Adrián Leira, acompañado por Rubén Martínez como vice e responsable da base; Dani Freire como Secretario, Carlos Leis como Tesoureiro, e co apoio da ex directiva para sacar adiante o club. Boas novas chegaron ademais nas últimas datas dende os posibles patrocinadores unha vez que parece que Ferroatlántica acordou volver colaborar coas entidades sociais e deportivas da vila.
Agora, este venres 28 ás 21:00h toca perfilar a tempada e farán unha asemblea para informar aos socios. O primeiro, o novo adestrador.
Presentación estelar de Manu Nogueira

En plena verbena, o presidente do Muxía Álvaro volveu sorprender aos siareiros verdes cunha nova fichaxe que segue na liña de traer de volta a casa a todos eses muxiáns que andan espallados polo mundo. Xa voltou Angel Luís, e o sábado presentaban a Manu Nogueira, un ex do Deportivo dende a súa chegada en Infantís ata o seu paso polo Fabril.
Un novo movemento para o Mercado de fichaxes “donCLIC” do Fútbol da Costa 2017/2018.
Novas relacionadas
- As Ligas da Costa poderían comezar a primeira ou a segunda semana de setembro.
- 7 equipos costeiros afrontan a suculenta Copa Deputación.
Máis información
Máis movementos de verán
- Javi Souto e Bruno, protagonistas do mercado.
- Xallas e Dumbría animan o Mercado de Fichaxes “donClic”.
- A actual directiva salva ao Zas renovando un ano máis.
- Manolín volve aos banquiños.
- Adrián Lema guiará o barco do Muxía.
- Diego Lobelos, Óscar Leis, Paco, Dani Calvete, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa.
- Roberto Amoedo, a proposta da nova directiva do Mazaricos CF:
- Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).