Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha prata e un bronce con humildade para os taekwondistas da Costa da Morte

Unha prata e un bronce con humildade para os taekwondistas da Costa da Morte

Gran participación do Club Taekwondo Arte e Movemento no Campionato Galego Xúnior de Combate celebrado a pasada fin de semana en Vilalba. 1 subcampión galego e 1 bronce é un balance máis que positivo, logrado con moita humildade entre os 130 deportistas participantes de toda Galicia. Un campionato cun gran nivel competitivo, xa que Galicia conta con medallistas tanto a nivel nacional (Erea Alonso, campioa de España, por exemplo) ou internacionais (Adrián Núñez, bronce no Europeo da súa categoría). Pero na que os deportistas da Costa da Morte brillaron con luz propia.

Eran 3 deportistas do clube costeiro os participantes, os tres con cinto marrón e sen expectativas de acadar ningún posto importante. Sen embargo, a sorpresa foi que si acadaron moito máis do que se esperaba.

  • Juan Alvarellos (Cee) subcampión galego xunior 2011, no peso semipesado. Segundo o seu entrenador Juan Carlos, chegado a final, foi un combate reñido, tanto que foi derrotado por 3 puntos de unha patada á cabeza nos últimos minutos. Pero para Juan Alvarellos este segundo significa xa moito.
  • Juan Luis Lista (Muxía) 3º posto no peso medio (un dos pesos máis dificiles). Tras un combate duro acadou clasificarse para a semifinal, pero o seu rival na semi foi o campeón. Non habia moito que facer na final, pero o seu entrenador di que quedou satisfeito xa polo feito de lograr chegar ás semis, pero incluso alí Juan Luis douno todo enfrontandose a un rival moi superior a el.
  • Uxía González (Vimianzo) non logrou ningín metal esta vez.

Mirando á Selección

Este torneo é especialmente importante para as e os deportistas, xa que de aquí sairá a preselección galega para o Campionato de España. Os medallistas serán convocados para varias concentracións nas elixiran a seleccion galega que continuará coa preparación do Campionato de España, que se celebrará a mediados de febreiro.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios