Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa



Emotiva foi a presentación, na casa, do novo libro de Xosé Mª Rei Lema e Chema Rei. Un libro, “50 anos da historia do fúbol da Costa (1964-2014)”, que pasa por ser unha auténtica enciclopedia do fútbol costeiro. Unha publicación da que nos alegramos encarecidamente pois precisamente oano pasado rendiamos homenaxe a Lema Suárez xunto a Luís Porto como grandes difusores do noso fútbol, un premio que se fai extensible ao presidente do Baio, un Chema Rei, que recolle o legado do seu tío no afán por espallar o potencial do noso deporte.
Moi boa acollida ademais no polideportivo de Baio, i é que a xente baiesa sempre responde a estas citas. Pero tamén houbo xente doutras zonas, como Corme, Coruña, Laxe, Malpica, Vimianzo, Zas, Santa Comba…
Presentou o acto o alcalde de Zas, Lolo Muíño, que ademais foi xogador no Baio e no Cabana, e mesmo gañou unha Liga co cadro cabanés. Tomou a palabra José Manuel Ferreiro, como autor do prólogo e un dos grandes cronistas da historia do 50 anos do Fútbol costeiro, pois leva cubrindo dende o 87 a actualidade costeira na Voz.
Falou o presi do Baio, Chema Rei das dificultades para facer “este tocho” e explicou a estrutura do libro, e contou, coma o seu tío Xosé María, moitas anécdotas, como a da maior goleada, un Coristanco-Carnota 32-1 na 90-91, e que puña na crónica que o porteiro do Carnota aseguraba que “co 7-0 xa se albiscaba a goleada”…
O que máis se extendeu é Xosé María Lema, un home que vén do eido da cultura, deses que dá gusto escoitar, e que deleitou a todos os presentes cos seus detalles, agradecementos, historias… Iso si, deixou claro que este sería o último libro futboleiro, pois non cría chegar ao dos 75 anos…

Asinando

Enchéronse a asinar libros os autores, mesmo na xornada dominincal. Uns libros que xa podedes atopar nas librarías de Carballo, Ponteceso, Vimianzo, Baio e Zas, e esta semana esperan levalo por toda a bisbarra. Ademais, o sábado e de maio estarán na Feira do LIbro de Compostela.
A obra

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa
- Chema Rei: Aqueles anos no Balsiño.
- Xosé María Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”
- Os imprescindibles.
- Miculita-Sieso-Manín: tridente letal.
- O Míster.
- Manolo… Manolo Casal.
- Periscal e… gol!.
- Remexer nos papeis doutros.
- Tonié.
- Un gol en Santa Comba.
- Domingo de fútbol.
- Un Mar de Paixón: Un proxecto…, xa traxecto.
Outras novas
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- Presentación do Álbum de cromos: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).