Unha xornada marcada por un grave susto


Primeira xornada de outubro no Fútbol da Costa e traemos a crónica co novo novo deseño QPC.
Por arriba seguen pintando bastos para os nosos. Sumou o Xallas un empate na casa, pero ante un dos de arriba, o Dubra, entres o Dumbría caeu na súa saída á Pobra nun choque que mereceu máis. Os equipos costeros seguen pechando a táboa da Preferente.
A 1ª segue a ter cor branca, pois o Soneira superou a “encerrona” do Palmeira e acabou goleando mantendo uns números espectaculares. 15 puntos en 5 partidos, con 19 goles a favor e só en contra, suma o equipo de Manolito.
A atención da xornada centrábase en Pedra Queimada onde o Malpica recibía a un necesitado Baio, ademais ca volta de Óscar Suárez ao campo malpicán despois da súa curta estancia o curso pasado. Máis sabrosa sóubolle a vitoria ao cadro baiés que lle permite saír dos postos de descenso, da man do Corme que fixo o propio en Bertamiráns. Pola zona morna, Sofán segue a súa boa reacción e vencía en Tordoia mentres o Outes non conseguía sacar nada positivo do Val do Ulla.
A xornada da Liga da Costa viña marcada polo tardío partido entre Baíñas e Fisterra, dous dos equipos máis en forma neste comezo de temporada, e que acababa con vitoria do equipo local. A xornada confirma tamén o gran momento de San Lorenzo e Ponteceso. Os de Verdillo golearon a un Volantes con moitos problemas, que aínda non sabe o que é sumar, mentres o Ponteceso superou un chpque histórico ante o Cee. O Castriz mantense arriba despois de vencer ao Buño, e Zas superou ao Mazaricos no derbi da montaña.
A xornada tivo o seu susto importante no san Paio de Refoxos, no choque entre os recén ascendidos Ameixenda e Cerqueda, cando un choque fortuito deixaba sen coñecemento ao ceense Momaño que tivo que ser traslasado en ambulancia ao HVdX. Foi un susto tremendo pero finalmente, e gracias á colaboración de dous xogadores cerquedáns, Momaño pasará esta noite no Hospital pero as probas son positivas.
A xornada da 3ª, disputada integramente en sábado dando conta das intencións dos equipos da categoria este ano, deixa máis líder ao Corcubión, que remontou un 0-2 do Montelouro e acabou gañando. O Nantón venceu a un Seaia aínda en formación mentres o Muxía-Camelle rematou en empate sen goles. E o resultado entre o Laxe - Lira deixa ver os problemas de efectivos do cadro liracho, que se quedou sen xogadores suficientes no campo para rematar o choque.
Completa xornada de base
Para recordar a tarde sabatina no Conco, con dúas vitorias nas Ligas Autonómicas que deixan aos Xuvenís nada menos que colíderes co Lalín, e aos Cadetes xa respirar polo medio da táboa coa primeira vitoria do ano.
En Xuvenís, polo Sur o Xallas está inconmensurable e o Cee parece que será a alternativa. No Norte, o Ponteceso é o único que manten os números intactos.
Seguen as ligas comarcais de cadetes e infantís, co Corme e Cee de novo arriba en cadetes, e 4 equipos con 9 puntos, entre eles o Dumbría que é o único que non coñece a derrota.
Por certo, escapóusenos a primeira xornada dos peques do F8, pero esta semana colgaremos os calendarios e cada domingo traeremos, coma sempre, todos os resultados.
Preferente Norte, xornada 6
Primeira Autonómica, xornada 5
Segunda Autonómica, xornada 5
Terceira Autonómica, xornada 3
Xuvenil - Liga Galega, xornada 4
Dumbría | 03/10 - 17:00 | O Val |
Cadete - División de Honra , xornada 4
Dumbría | 03/10 - 19:00 | Bora |
Xuvenil - Grupo Sur, xornada 5
Xuvenil - Grupo Norte, xornada 5
Primeira Cadete, xornada 4
Primeira Infantil, xornada 4
Veteranos, 1ª División, xornada 3
Veteranos, 2ª División, xornada 3
Conversas co Mito
- Presentación: A importancia de ser Manolín. Conversas co mito.
- Conversas I: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Conversas II: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa as inventara eu”.
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
Crónicas da semana
- Ligas Galegas: Un liderato e un primeiro punto para medrar.
- Xuvenís: O Xallas manda no Sur e o Ponteceso, co permiso do Corme, no Norte.
- 3ª Autonómica: O Corcubión queda en solitario.
- 2ª Autonómica: Ouro en Ara Solis.
- 1ª Autonómica: Unha dupla que vale un liderato.
- Preferente: Esperanza ou desconfianza.
- Tarde de pecado na Porta Santa.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- En marcha un novo curso de Monitor de Fútbol Base en Santa Comba.
- Óscar Leis analiza o estado de saúde da canteira do Dumbría CF.
- Guillermo Parga a Cambeiro: Só lle falta o Dépor.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).