Uns 70 deportistas participan esta fin de semana no IX Open de pesca a mosca por parellas no río Xallas
08:09 27/04/17
Deportistas do panorama nacional e internacional participan no IX Open de pesca do río Xallas. Imaxe: Manuel Suárez
Os ríos que discorren polos concellos de Dumbría e Mazaricos serán o escenario este venres e sábado (28 e 29 de abril) do IX Open de pesca a mosca por parellas Río Xallas - organizado polo clube Salmo coa colaboración do concello dumbriés e os patrocinadores do evento - . En total participarán 68 deportistas entre os que destacan Jordi Oliveras e Pablo Castro - bicampións do mundo por equipos - e o galego David Arcay - tricampión do mundo -. Tamén competirán os actuais campións de España xuvenís - Ali Pérez e Manuel Gómez - e o campión galego - José Manuel Socastro -. Ademais no open paticiparan deportistas de distintas nacionalidades (franceses, portugueses, arxentinos) así como unha ampla representación do panorama nacional e galego.
A proba desnvolverase no coto de Xallas-Beba que é un dos poucos ríos galegos regulados para a pesca sostible sen morte. O río dividirase en 17 tramos que se distribuirán entre os deportistas por sorteo, habendo oito mangas de dúas horas de duración. Neste mesmo escenario xa se celebrou o campionato de España e o campionato do mundo xuvenís.
O Open do Xallas - que vai pola novena edición - é unha das competicións máis relevantes do panorama nacional e internacional e conta cunha longa lista de espera de competidores que desexan ter a súa praza no evento.
Novas relacionadas
- Cinco campións do mundo compiten no VIII Open de Pesca Río Xallas
- Máis de 200 persoas participan nun concurso internacional de pesca deportiva
- O Río Xallas volveu convertir Dumbría nun referente internacional da pesca sen morte
- O Río Xallas recibe ao máis granado da pesca sen morte internacional.
- O Xallas recibe á élite da pesca.
- Dous campións do mundo estarán no Open de Pesca Río Xallas.
- O Anllóns e o Xallas volveron comprobar a supremacía do clube de Pesca Salmo.
- O Couto de Verdes do río Anllóns acolle unha nova exhibición do coruñés David Arcay.
- A Costa da Morte xa está no circuito de pesca de salmónidos.
- A pesca tomou a Laxe e Camariñas.
- O Campionato de Pesca Submariña cede 350 kg de peixe a Cáritas.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Club Salmo.