Varias derrotas complican o liderato dos equipos de volei da Costa


Os dous equipos de volei da comarca que mellor clasificación tiñan o infantil masculino do Manuela Rial e o xuvenil do volei Dumbría perderon e complican a súa clasificación.
Os infantís do Manuela Rial perderon por 2 - 3 (21-25/25-12/19-25/25-13/12-15) ante Calasancias nun partido moi disputado que puido caer para calquera dos lados. Destacar a actuación de Javier Domínguez nos locais, xa un habitual das convocatorias da Selección Galega.
.Pola súa banda as xuvenís do Volei Dumbría perderon ante Ames por 3 - 0 (25-15/25-15/25-21 ) no que as dumbriesas non puderon manter o xogo que fixeron ata o momento e caeron con claridade. No seguinte partido ante o Xiria de Carballo pondran en xogo a súas posibilidades de acadar a primeira posición.
A vitoria da xornada foi protagonizada polos cadetes de Dumbría por 3-2 (25-18, 23-25, 25-21, 22-25, 15-9) ante Calasancias.
Mentres que s rapazas do Manuela Rial infantil e as cadetes do Dumbría tamen perderon por rotundos 3-0 ante Divina Pastora no seu desprazamento a Ourense.
Novas relacionadas
- Unha vitoria e tres derrotas para o volei costeiro.
- 5 vitorias e unha derrota foi o balance do Volei costeiro nesta fin de semana.
- Bo balance tras unha gran semana para o volei costeiro.
- 4 xogadores do Manuela Rial á selección provincial de volei.
- O Ministro volta ao cole polo 50 aniversario.
- O volei masculino da Costa debuta con vitorias .
- O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa do Volei Dumbría da mand de Gurutz Larrañaga.