![Cerqueda - Cabana - Foto: UD Cerqueda]()
Comezan a rodar os clubes do fútbol costimorteño de cara á vindeira tempada 2011 – 2012. Son varios os equipos que nos achegan o inicio da actividade. Como por exemplo o Cabana, que comeza a andar hoxe da man de Pablo Mallón. Comezan a traballar un día antes do previsto, que era mañá venres.
O plantel non está pechado de momento. Ademáis agárdase algunha que outra cara nova. Os cabaneses xogarán previsiblemente nesta pretempada co Sofán, o San Martiño o Olímpico ou o Buño.
En Ponteceso
O Ponteceso presentarase ante a súa afición o vindeiro domingo, 31 de xullo de 2011. Será na casa, no campo de O Pinguel, ás 18:30h nun partido que enfrontará aos locais ao Dorneda.
En Laxe
Tamén en laxe están a xogar partidos de pretempada. O vindeiro sábado, 30 de xullo, Corme e Laxe enfrontaránse nun amistoso que se desenvolverá no campo da vila laxense.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)