Veteranos: Bértoa e Porteño poñen un pé nas semis
Arrincaron os Cuartos da Copa da Costa de Veteranos este domingo con moita igualdade. Bértoa e Porteño sacan unha renda importante, pero Club do Mar e Soneira, a pesar de gañar fóra da casa, terán que suar o seu pase ás semifinais.
Bértoa - Agualada (4-2)
O Bértoa, con 2 goles de Loureiro, 1 de Rubén e o outro gol de Miguel, todos na primeira parte, parecía que ía ter o pase sentenciado. Pero na segunda parte o Agualada foise arriba con 2 goles de Torres que dan esperanzas de cara ao partido de volta, xa que logo todo decidirase no campo da Agualada que tan ben se lle dá ao equipo de casa e poderá contar coa súa goleador Toniño que este partido non mollou.
San Román - Club do Mar (1-2)Partido que na primeira parte finalizaba con empate a ceros, pero tendo máis ocasións de gol o Club do Mar por mediación de Richar que foi, en ausencia de Mino„ o xogador do partido. Xa na segunda parte adiántase no marcador Javi Fontes facendo o 1-0, pero pouco despois empata Mauri facendo o 1-1 e cando faltaba pouco para finalizar o partido adiántase no marcado o Club do Mar por mediación de Felipe. O San Román notou moito a falta do seu dianteiro Sebas, que neste partido non puido xogar, por motivos laborais.
Coristanco - Soneira (0-1)
Quizais o partido máis igualado na eliminatoria, dous equipos que tratan ben o balón e tivo que ser o central Antelo o que dese vantaxe neste primeiro partido.
Ponteceso - Porteño (1-3)
O Porteño meteu un pé nas semisGran partido viuse no campo ou Pinguel, onde se enfrontaba por primeira vez o Ponteceso, equipo de 1ª primeira División e o Porteño, campión de liga de 2ª División. A falta do porteiro titular do Ponteceso Isidro, notouse, ao xogar nese posto o central Chema, que fixo todo o posible pero notou a falta de experiencia. Os goles foron marcados o 0-1 por mediación de Martin, 0-2 Víctor e o 0-3 por mediación de Pablo. Os equipos, ao ver o partido moi encarado cara a un lado e contando os dous equipos con moitos xogadores no banquiño, fan xogar a todos e neses minutos finais domina máis o Ponteceso que aproveita para marcar o seu gol poñendo a eliminatoria deste primeiro partido con 1- 3 e esperar ao que sucede no segundo partido. Destacar deste partido a gran deportividad dos dous equipos e o bo labor do árbitro Duda.
Crónicas deste ano
- 02-05-16: O At. Milagrosa, campión da Liga de Veteranos:
- 27-03-16: O Zas vence ao Milagrosa e pon a Liga de Veteranos patas arriba para a última xornada.
- 9-03-16: O Milagrosa lidera unha Liga con 5 aspirantes.
- 13-01-16: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno.
Máis información en www.futboldacosta.com
Tempadas anteriores
- 15/16: Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román.
- 15/16: Os Veteranos xa teñen os seus calendarios con novidades.
- Copa 2015: O Coristanco acadou o título de Copa na gran festa dos Veteranos.
- Liga 2015: Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- 2014: O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos.
- 2014: O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
- 2013 – 2014: O Coristanco leva o título de Veteranos.
- 2013: O Coristanco alzouse coa Copa da Costa de Veteranos.
- 2012 – 2013: O Soneira celebra sen suar o título duns Veteranos que xa pensan na Copa.
- Copa 2012: O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos.
Máisinformación
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora Modesto Parga.