Veteranos: Dous equipos de 2ª, en semis
Club do Mar e Porteño, dous equipos que esta campaña competiron en 2ª División, conseguindo, iso si, o ascenso á 1ª, metéronse nas semifinais da Copa da Costa dos Veteranos. Este pasado domingo celebrábanse a volta dos Cuartos, e os dous facían bos os pronósticos da ida, pois ambos venceran xa a San Román e Ponteceso respectivamente.
Os de Caión enfrontaranse ao Agualada, que protagonizou a xesta dos Cuartos, tras remontar unha eliminatoria que se puña moi de cara para o Bértoa, pero que cun gol nos últimos instantes se metían na seguinte rolda. Ademais, noutro dos choques máis igualados, o Soneira conseguía manter a vantaxe que conseguira na ida ante todo un Coristanco.
Agualada - Bértoa (3-1)
Antelo marcou o gol que deu o pase ao Agualada- Goles: 2-0, m.15: Rogelio; 2-0, m.30: Toniño; 2-1, m.68: Loureiro; 3-1, m.88: Antelo remata un córner botado por Rogelio.
Co 4-2 da ida chegaba o Bértoa para enfrontarse ao Agualada. A vitoria, o empate e mesmo a derrota pola mínima valíalle ao equipo carballés. Pero pronto se decatou que a cousa non ía estar sinxela e á media hora o Agualada xa marcara 2 tantos dándolle a volta á eliminatoria. A presencia de Toniño, o pichichi da temporada ligueira, trala súa falta na ida, deu motos folgos aos coristanqueses. De feito, se ben era unha primeira metade moi disputais os locais buscaban sempre a rapidez do seu punta, un perigo costante para a defensa visitante.
Seguía a igualdade na segunda metade, e no ecuador, Loureiro metía de novo ao Bértoa nas semis virtualmente. E cando faltaba dous minutos para o tempo regulamentario Antelo fai o 3-1 que lle dá o pase ás semis ao Agualada.
Club do Mar - San Román (3-2)
- Goles: 1-0, m.10: Richard; 1-1, m.26 penalti que marca Santi; 2-1, m.48: Mino de penalti; 2-2, m.55: Santi, de penalti e expulsión do porteiro Club do Mar; 3-2, m.93: Mino de penalti.
Por moi pouco o San Roman dá a volta ao partido de ida e clasifícase para semifinais. Pero o Club do Mar nesta xornada entre o bo facer do seu defensa e que a sorte non acompañou ao San Román. Pasaban 10 minutos da segunda metade e o resultado estaba 2-2 co Club do Mar cun home menos. Tiña o San Román a semi a un só gol tralo 1-2 da ida, pero non estivo acertado. O San Román contou con claras ocasións de gol, pero unhas veces a defensa que debaixo dos paus quitaron dúas ocasión de gol, e noutras que os dianteiro non tiveron acertados, fóiselles o partido, Xa co tempo cumplido, un balón longo contrólao Victor, do Club do Mar, dentro do área e Marcos defensor do San Roman derríbao facendo penalti que marca Mino facendo o definitivo 3-2.
Miguel segue marcando as diferencias co SoneiraSoneira - Coristanco (3-3)
- Goles: 0-1, m.25: Mauri; 0-2, m.43: Arijon; 1-2, m.53: Miguel; 2-2, m.60: Miguel; 3-2, m.70: Teo; 3-3, m.83: Mauri.
O Soneira fixo valer o gol marcado no partido de ida, pero o Coristanco na primeira parte chegou adiantarse no marcador por 0-2. Así remataba, de feito, a primeira parte, nun partido con bastante tensión entre os dous equipos desde o inicio do mesmo. Tocaba remar ao cadro soneirán, e xa con Miguel e Ton no medio do campo, fixéronse donos do partido. Foi Miguel clave na remontada, marcando dous goles, que xunto ao de Teo daba o pase aos vimianceses.
Porteño - Ponteceso (3-2)
- Goles: 1-0, m.20: Pablo de falta; 2-0, m.55: Martín nunha contra; 2-1. m.60: Toni desde a frontal da área que debido con efecto; 3-1, m.65: Alan nun saque de corner; 3-2, m.75: Breogán, que tira desde a frontal do área que o porteiro moi tapado polos seus defensas nada puido facer para evitalo.
Partido moi disputado e destacado pola deportividade dos dous equipos, que xa viña marcado polo resultado da ida favorable aos camariñáns, que se metían por diante deixando a eliminatoria case sentenciada. Así e todo, os Ponteceso tivo máis o dominio do balón.
Andrade do PontecesoO Cadro das Semis
Sempre en www.copadacosta.comCrónicas deste ano
- 07-06-16: Bértoa e Porteño poñen un pé nas semis.
- 02-05-16: O At. Milagrosa, campión da Liga de Veteranos:
- 27-03-16: O Zas vence ao Milagrosa e pon a Liga de Veteranos patas arriba para a última xornada.
- 9-03-16: O Milagrosa lidera unha Liga con 5 aspirantes.
- 13-01-16: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno.
Máis información en www.futboldacosta.com
Tempadas anteriores
- 15/16: Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román.
- 15/16: Os Veteranos xa teñen os seus calendarios con novidades.
- Copa 2015: O Coristanco acadou o título de Copa na gran festa dos Veteranos.
- Liga 2015: Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- 2014: O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos.
- 2014: O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
- 2013 – 2014: O Coristanco leva o título de Veteranos.
- 2013: O Coristanco alzouse coa Copa da Costa de Veteranos.
- 2012 – 2013: O Soneira celebra sen suar o título duns Veteranos que xa pensan na Copa.
- Copa 2012: O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos.
Máisinformación
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora Modesto Parga.