Mércores. 08.07.2020
El tiempo

Veteranos: O Club do Mar pecha a primeira volta como líder indiscutible

Veteranos: O Club do Mar pecha a primeira volta como líder indiscutible
club-do-mar-de-veteranos O Club do Mar, intratable na súa estrea en 1ª División de Veteranos

Espectacular o comezo de curso do Club do Mar, recén ascendido á 1ª División dos Veteranos, e que pecha a primeira volta como líder indiscutible, tras sufrir apenas 4 derrotas en todo o 2016.

Os caioneses sacan 7 puntos ao San Lorenzo e 10 ao Soneira (actual campión da Copa e tamén eterno aspirante), se ben ten un partido máis ca eles. Por detrás chegan Bértoa e Zas Román, e San Román e Ponteceso. Sorprende ver ao Atl. Milagrosa (actual campión de Liga) tan abaixo.

ponteceso-veteranos O Ponteceso non puido co Club do mar

No choque do líder deste comezo de ano, o club caionés impúxose por 0-4 ao Ponteceso comzou moi disputado, onde o Ponteceso co resultado de 0-0 contou cun par de ocasións de gol, nos pés de Cros. A partir dos 20 minutos, o Club do Mar foise facendo co partido e no minuto 30 Rubén fai o primeiro dos tres goles que marcaría neste partido.
Na segunda metade, e co Ponteceso máis estirado, a velocidade dos puntas caioneses sería decisiva para que Rubén e Iván, autor do cuarto gol, sentenciasen.
Mauri e Felipe no medio campo, dous grandes laterais como Suso e Dito, a fichaxe en punta de Diego, fan do equipo caionés un dos máis temidos do campionato.

Pichichis Veteranos da Costa 1

2ª División

O Cabana de Veteranos está en postos de ascenso O Cabana de Veteranos está en postos de ascenso

É o Corcoesto o equipo máis destacado da 2ª. O único equipo invicto das dúas Ligas, suma 7 puntos máis que o perseguidor, o Cabana. A loita por esa segunda praza de ascenso está ben interesante, co Cerqueda, o San Isidro e o Fisterra metidos na pelexa.

san-isidro-veteranos-da-costa O San Isidro loitará pola 2ª praza Pichichis Veteranos da Costa 2  

Novas relacionadas

Crónicas do ano pasado

Máis información en www.futboldacosta.com

Máis información

comentarios