Veteranos: O Coristanco venceu na finalísima co San Román e repetirá título

Este Coristanco sabe cando acelerar. Retomaba o liderato a falta de 3 xornadas para o remate, despois de varios meses de dominio do San Román. Pero cando fai falta subir a marcha, o cadro verde pegou un estirón e queda a un punto de confirmar o título de Liga, por segundo ano consecutivo e así aspirar a revalidar o título da Supercopa.

O domingo traía o partidazo do que vai de temporada, o choque a falta de 2 xornadas entre os dous primeiros, Coristanco e San Román. Unha final en toda regra. A Rocheira, cun bo ambiente nas bancadas, acollía este partidazo entre os dous mellores. E houbo demasiado respecto, ninguén quería arriscar se ben o empate lle valía aos locais. Os visitantes, adestrados por Trigo, foron polo partido e dominaron durante boa parte do mesmo. O equipo de Bértoa estivo moi seguro atrás e soubo esperar o seu momento que chegou xa case chegando ao final co gol de Carlos que valía un título. Intentouno o San Román e de feito tivo un par de ocasións claras para acadar un empate que non chegou e que deixa o camiño libre para o cadro coristanqués cara a renovación do título.

Ascensos e descensos

Polo demasis, na 1ª División, había un choque improtante na zona baixa i é que tres equipos se xogan a permanencia e pelexan por evitar dúas prazas de descenso. O Castriz fallaban en casa ante o Baio e queda pechacancelas con 18. Pero en Carballo, o Xuv. Bergantiños recibía ao que chegaba último, o Cabana, que sorprendía en vencía 0-4, deixando ao Xuv. en descenso, con 20 (un menos que os cabanese) e ademais co porteiro lesionado, pois fracturábase a clavícula.

Esas dúas prazas serán recollidas o ano que vén por Erbecedo e Agualada, que xa confirmaron o seu ascenso, pero que seguen pelexando polo título da 2ª División. O Erbecedo conta cun punto máis que os de Agualada.

Sorteo de Copa

Os veteranos, xa case que teñen a Liga decidida, xa pensan na Copa, e por iso o Comité convoca a unha reunión este 24 de abril ás 21:30h no Salón de Actos do Local da 3ª Idade de Neaño, Cabana, co Sorteo de Copa como punto forte.

Ligas dos Veteranos en www.futboldacosta.com

Novas dos Veteranos

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).