Venres. 29.03.2024
El tiempo

Veteranos: 5 equipos en 3 puntos ante un duelo no cumio

Veteranos: 5 equipos en 3 puntos ante un duelo no cumio
O At Milagrosa metese na pelexa da 1 de Veteranos-Foto-MIlagrosa

Máis apretada que nunca está a 1ª División da Liga de Veteranos, con 5 equipos en apenas 3 puntos.

O líder, o Hosgran, non pasaba do empate ante o Baio, tropezo que aproveitaron os seus rivais para recurtar distancias. O máis beneficiado foi o San Román que empata cos cabaneses no alto da táboa tras vencer en Cabana. Un San Román que pasa por ser o equipo máis en forma, tras 5 vitorias seguidas.
E haberá que estar atento este domingo pois o choque da xornada será, precisamente o San Román-Hosgran.

3º queda o Dumbría, que tras varios tropezos colleu de novo o ritmo e suman 5 partidos sen perder. O domingo superaba ao Bértoa nun choque con moitos puntos.
Mantéñense moi preto os Coristanco e At. Milagrosa, a só 3 puntos do liderato. O actual campión, o Coristanco, descansaba esta semana e ten un partido menos, mentres que o Milagrosa superaba con aputos ao Xuv. Bergantiños nas Eiroas.

Partido do Dumbria ante o Bertoa de Veteranos-Foto-Dumbria

Encanto aos goleadores, temos a César Ferreiro, do Zas, como pichichi con 15 tantos, polos 13 do soneirán Miguel Filgueiras, 12 de Alejandro Bello e 11 de Roberto Queijo, do Hosgran, os mesmos que Pablo Loureiro do Bértoa. Con 10 quedan José García, do San Román; José Miguel Suárez do Dumbría; Roberto Sánchez do Milagrosa e Marcos Rodríguez do San Lorenzo.

Máis claridade na 2ª

Un choque dos Veteranos-Foto-Cerqueda

Sen embargo, na 2ª División o Agualada escapa case que definitivamente, pois saca xa 9 puntos ao Erbecedo, que non pasaba do empate ante o Cerqueda, 13 ao Porteño, que descansaba, e 15 ao San Isidro-Razo, que esquece o seu fantástico comezo de campaña e caía ante o Poniente.

E segue destacado na táboa dos pichichis da 2ª José Antonio Facal, do Agualada, con 31 puntos. Lonxe queda Pedro Iván Gundíon, do San Isidro, con 22, ou José Manuel Ramos (Dep. Carballo) con 19, polos 18 de Iván Balseiro (Leiloi) e Jesús Ignacio Varela (Malpica.

Ligas dos Veteranos en www.futboldacosta.com

Novas dos Veteranos

Máis información

Fonte

Comentarios