Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Veteranos: O Hosgran e o San Isidro-Razo mantéñense intratables

Veteranos: O Hosgran e o San Isidro-Razo mantéñense intratables
Veteranos do San Lorenzo co Ponteceso-Foto-David Castro

Xa estámos na 4ª xornada das Ligas de Veteranos e as cousas seguen moi interesantes.

Na 1ª División, o gran protagonista neste arrinque de temporada é o CD Hosgran. O equipo, recén ascendido, tivo que cambiar o nome do Corcoesto, pois agora o equipo que o ano pasado competía na 3ª Autonómica con ese nome, este ano faino na 2ª de Veteranos. Impresionante está o Hosgran, con 10 puntos e aínda sen coñecer a derrota, con 2 puntos de vantaxe sobre outro dos sempre favoritos, o Soneira, que este ano parece que volverá estar na zona alta malia non ter gañado ningún título o ano pasado.

Temos que mirar tamén á parte baixa, na que Cabana e Castriz aínda non estrearon o taboleiro de puntos, ocupando as dúas prazas de descenso. Terá que ter coidado o Xuv. Bergantiños, cun só punto, e o At. Milagrosa, con 2.

Se falamos de goleadores, temos grandes nomes xa á cabeza da táboa na 1ª. Felipe Solís (Zas) e Miguel Filgueira (Soneira) xa levan 5 goles cada un, con 7 xogadores por detrás con 3 tantos.

Jose da Anchoa nos Veteranos do Dumbria e do Baio-Foto-Marta

Novidade na 2ª

Xa na 2ª División, a novidade e a sorpresa é o San Isidro de Razo, que chega dende a Costa de Bergantiños para arrasar. 4 partidos, 4 vitorias, 24 goles a favor e só 3 en contra. Uns números para asustar. Esta semana, tocoulle ao Malpica comer polvo. Só lle agunata o ritmo o Camariñas SDV, con 10 puntos, pero atentos estaremos tamén a Porteño e Agualada que suman 9 puntos, pero contan os seus 3 partidos por vitorias.

E se falamos do pichichi de 2ª, xa falamos dun nome propio: Pedro Iván Gundín, que está aproveitando moi ben as goleadas do seu San Isidro-Razo e xa suma 12 goles, 7 máis que o inmediato perseguidor, José Manuel Bacia (Camariñas).

Veteranos do San Lorenzo e Ponteceso-Foto-David Castro

Ligas dos Veteranos en www.futboldacosta.com

Novas dos Veteranos

Fonte

Comentarios