Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Soneira celebra sen suar o título duns Veteranos que xa pensan na Copa

O Soneira celebra sen suar o título duns Veteranos que xa pensan na Copa
Soneira de Veteranos campión no seu primeiro ano en 1ª División

Os números falan. Dous anos de existencia, un título de 2ª División co conseguinte ascenso, e un título de liga da 1ª División. Este Soneira de Veteranos vén de irrumpir nas Ligas de Veteranos cunha forza tremenda. A súa fortaleza, xuventude e gañas de pasalo ben o convirten xa nun aspirante a loitar contra eses equipos que están ano tras ano na zona de arriba, como poden ser o Castriz, o Cabana, o San Román ou o Corcubión Vet.

Esta campaña, recén ascendido, leva nos primeiros postos dende a xornada 1, e tras pasar polo liderato, verse por detrás do Castriz en varias ocasións, tomou o mando na xornada 22 e ata a 30 non o soltou. E xa levaba varias xornadas preparando a celebración, pero faltab 3 xornadas cando o Castriz aguou a festa no Municipal vencendo por 0-2 e retrasando a festa. Máis non se podía retrasar e o pasado domingo o Soneira puido celebralo título na casa.

Pero o fixo dun xeito algo insólito, unha vez que o Bergantiños chegaba ás Eirtoas con só 6 xogadores, polo que o choque non se disputou e os 3 puntos para o Soneira. Campións sen suar. Por detrás, un Castriz que fixera os deberes, vencer en Baio, pero que ao que non chegou.

Mino do Cabana foi o máximo goleador da 1ª División de Veteranos da Costa

Mino do Cabana, quedou máximo goleador da 1ª División levando o Trofeo Placasa.

Ascensos e descensos

Os veteranos do Laxe quedaron campións da 2ª División

En 2ª, finalmente o Laxe, tras ir por detrás do Muros case todo o ano, leva o título. Ambos equipos ascenden e ocuparán as prazas do Camariñas e do Vimianzo, que remata o ano cun punto.

Nesa liga, Ambrosio, do Laxe, é o pichichi da 2ª División.

Ambrosio do Laxe foi o pichichi da 2ª División de Veteranos da Costa-Foto- Modesto Parga

Copa da Costa de Veteranos 2013

Copa da Costa veteranos 2013 0

Xa tendes o cadro da Copa de Veteranos 2013. Podedes pinchar aquí e pincha nunha pestana debaixo do cadro principal que indica "Copa da Costa de Veteranos".

Como vemos xa temos varios enfrontamentos serios, como o Castriz-Corcubión, rememorando a final do ano pasado, ou o Cabana-San Román. As eliminatorias comezan xa este sábado 28 de abril, e a final, a partido único, será o 23 de xuño.

Novas relacionadas

Máis información

Novas de Veteranos

Blogs dos Veteranos

Comentarios