O Coristanco alzouse coa Copa da Costa de Veteranos


Tremenda a temporada do Coristanco neste o seu primeiro ano en 1ª División. O cadro bergatiñán acababa 4º en Liga e vén de alzarse co título da Copa da Costa tras vencer a todo un Cabana.
Os campións chegaban á final tras eliminar no Cadro a Camelle, Corcubión, Nantón e Muros; mentres ques os cabaneses, que disputaban a súa terceira final de Copa, e segunda consecutiva, o facían tras eliminar a San Román, Soneira, San Lorenzo e Baio. Un Cabana, que non puido celebrar o seu segundo título, tralo conseguido no 2004 ante o Nantón, e o perdido no 2006 ante o San Román na prórroga.
A gran festa do fútbol de veteranos tivo lugar no Municipal de Vimianzo, coa organización do Soneira, vixente campión de Liga. E a cita serviu tamén para facer entrega dos Trofeos.
Coristanco - Cabana (2-0)

- CORISTANCO: Chapas, Adrián, Coky, Antonio, Toniño, Ton, Lorenzo, Charly, Luky, Carlos e Moncho. Tamén xogaron: Paco, García, Alberto, Bértoa, Díaz, Cives, Pedro Alfonso e Javier.
- CABANA: Mato, Javi, Juan, Alexos, Reis., Eugenio, Intre, Peli, Martín, Pichel e Miguel. Tamén xogaron: Míchel, Perfecto, Chano, Óscar, Canario e Lolo.
- Gol: 1-0, min.3: Carliños, ao evitar o fóra de xogo e ante a saída do porteiro do Cabana Mato; 2-0, min.91: Toniño desde fóra da área cun gran disparo.
- INCIDENCIAS: Gran asistencia de público sobre uns 300 persoas superando a entrada da tempada anterior, sendo a maioría seguidores do Coristanco que en todo o partido animaron ao seu equipo. Tamén o Cabana contou con moitos siareiros, e cabo destacar a gran presenza de xogadores de todos os equipos que compoñen esta liga.
O Coristanco saía ao partido desde os primeiros minutos con máis intensidade. O Cabana intentaba saír tocando desde atrás pero a presión dos xogadores do Coristanco facía que os centrais Alexos e Juan tiñan que sacar o balón en longo. Aí, a falta de Mino na dianteira e co vento a favor do Coristanco e ao presionar tanto á defensa, provocaba erros e xa no minuto 3 da primeira parte Carliño evita o fóra de xogo e por alto ante a saída do porteiro do Cabana adianta no marcador o Coristanco 1-0.
Seguía o Coristanco máis incisivo e no ecuador do primeiro tempo Carliños saca unha falta que sae rozando o poste. Antes do descanso aínda tiña outra o cadro coristanqués, que pedía unha pena máxima, pero o colexiado deixa seguir e saca cartón por tirarse. Remataba así unha primeira metade de claro dominio do Coristanco.
Empezaba a segunda parte co Cabana máis, encima adiantando a liña defensiva e co vento a favor. Crea a primeira ocasión de empatar no minuto 68 nun tiro afastado de Intre que Chapas cunha gran parada envía a corner. Son os mellores momentos do Cabana e o empate está preto. Miguel do Cabana ten unha doble ocasión con dous tiros dende fóra da área, e mesmo un pega no longueiro.
No minuto 90, o colexiado sinala cesión e Mato ten que evitar con dous paradóns o empate trala falta indirecta saca dentro da área. Era a última oportunidade de empatar pois á volta, e tras un saque de córner a favor do Cabana, mesmo co porteiro na área contraria, o Coristanco case marca a sentencia na contra. Unha sentenza que chegaría un minuto despois co gol de Toniño.
Entrega de Trofeos 2012-2013
A cita acolleu tamén a entregga de trofeos desta X Liga de Fútbol Veteranos da Costa:
Equipos
- Campión da 1ª División da Liga: Soneira (fixo entrega o Presidente del Castriz: Manuel García Cancela, campeón de Liga 1ª Dv. temporada 2011/12).
- Subcampión da 1ª División: Castriz (fixo entrega o secretario del Comité: Sebastián Freire).
- Campión da 2ª División: Laxe (fixo entrega o Presidente del Soneira: Jose Manuel Mouzo Soto, campeón de Liga 2ª Dv. temporada 2011/12).
- Subcampión da 2ª División: Muros (fixo entrega o Presidente del Comité: Modesto Parga).
- Trofeo á Deportividade na 1ª División: Zas (fixo entrega o Presidente del Comité: Modesto Parga).
- Trofeo á Deportividade 2ª División: Corcoesto e Laxe (fixo entrega o Presidente del Comité: Modesto Parga).
- Trofeo Máximo Goleador 1ª División: Mino (Cabana, 50 goles, que está rematando a temporada xa na final de Copa co Malpica).
- Trofeo Placasa Máximo Goleador 2ª División: Ambrosio (Laxe, 37 goles).
- Campión de Copa: Coristanco (fixo entrega o responsable do Corcubión: Norberto Fandiño Blanco- campión de Copa temp. 2011-12)
- Subcampión de Copa: Cabana (fixo entrega o Secretario del Comité: Sebastián Freire).
- Mellor Árbitro (trala votación online no blog do Comité): Castro (fixo entrega Pepe Novo o colexiado con máis anos na Liga.
Máis información
Crónicas da semana
- É de primeira, o Baio é de Primeira.
- Copa da Costa: A final cantada.
- Crónica dunha fin de semana espectacular para o fútbol da Costa.
Novas dos Veteranos
- O Soneira celebra sen suar o título duns Veteranos que xa pensan na Copa.
- 17-10-12: A Liga de Veteranos amosa o seu poderío.
- Final Copa 2012: O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos.
Novas relacionadas
- Os clubes de fútbol teñen ata o 30 de xuño para enviar as inscricións na tempada 2013/2014.
- A Gala do Fútbol da Costa xa ten convocados e xogarase probablemente en Outes.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Torneos
- Tempo dos peque-futbolistas.
- Máis Torneos por Carballo, Lariño e Zas.
- Cabana segue apostando polo fútbol base cunha nova edición do seu Torneo e Cee estrea un de Infantís.
- O Sporting Seaia busca fondos cun Torneo para poder federarse.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
Artigos relacionados
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).