Venres. 29.03.2024
El tiempo

Veteranos: O CD Hosgran afianza o seu mandato

Veteranos: O CD Hosgran afianza o seu mandato
Dumbria-San Lorenzo de Veteranos

Xa andamos pola xornada 14 nas Ligas dos Veteranos da Costa e as pelexas seguen ben interesantes, tanto por arriba por abaixo.

1ª División, xornada 13

Gol do San Lorenzo en Dumbria nos Veteranos

Comezamos o repaso pola 1ª, na que o Hosgran afianza o seu liderato, tras vencer ao Ponteceso e aproveitar o tropezo do Dumbría. Un Dumbría que caía ante o San Lorenzo quedando agora na 3ª praza a 6 dos cabaneses, recorden, formado por membros do Corcoesto que o ano pasado competía na 3ª Autonómica.

Colócase o Coristanco, un dos favoritos, na 2ª praza, a 4 do liderato. Os verdes non fallaron na súa visita ao San Román, outro dos históricos da zona alta. Por detrás chegan Zas, que non pasaba do empate ante o Bértoa, e o Soneira, que vencía en Laxe pero non está na súa mellor campaña, a pesar de contar cun dos xogadores máis desequilibrantes da categoría como é o pichichi Miguel Filgueiras.

Na zona baixa, parece que o Laxe ten todas as papeletas para perder a categoría, pois conta con só 2 puntos. Con el baixará outro equipo, que polo de pronto parece que pode ser o Xuventude de Bergantiños, que precisamente gañaba esta semana nas Redondas e suma 7 puntos, o Laxe, com 9 ou o Castriz, con 11 despois de vencer en Baio. Queda moito nesa loita.

En canto ao Trofeo Placasa aos Máximos goleadores, na 1ª temos os seguintes nomes:

TROFEO PLACASA MAXIMOS GOLEADORES PRIMERA DIVISION Equipo gol
JOSE MIGUEL FIGUEI (8) SONEIRA 12
CESAR FERREIRO SOU (14) ZAS 11
ALEJANDRO BELLO CA (9) CD.HOSGRAN 11
ROBERTO QUEIJO TAS (10) CD.HOSGRAN 9
JOSE GARCIA CABEZA (25) SAN ROMAN 9
PABLO LOUREIRO (15) BERTOA 9
MARCOS RODRIGUEZ L (16) SAN LORENZO 8
JOSE MIGUEL SUAREZ (11) DUMBRIA 6
OSCAR SUAREZ SERRA (22) SAN LORENZO 6
VICTOR CIVES QUINT (15) DUMBRIA 6
JOSE ANTONIO REY B (11) PONTECESO 6
OSCAR LEIS FORMOSO (22) DUMBRIA 6
DIEGO MARITNEZ VAR (8) JV.BERGANTIÑO 6
FELIPE SOLIS CASTI (11) ZAS 6

2ª División, xornada 13

Na 2ª apenas se xogaron 3 partidos desta xornada, pois varios quedaron aprazados para o Nadal. Dos de arriba, só o Porteño xogaba e vencía en Sofán, e se achega ao líder, o Agualada, a 2 puntos, pero cun partido máis. San Isidro e Erbecedo seguen coas opcións intactas para pelexar polo ascenso.

Aínda hai un par de xornadas polo medio, pero estes partidos foron aprezados:

  • Malpica – Nantón (28/12 – 11:00);
  • Camariñas – Agualada (28/12 – 11:00);
  • Vimianzo – Erbecedo (04/01 – 11:00).
En canto ao Trofeo Placasa aos Máximos goleadores, na 2ª temos os seguintes nomes:
TROFEO PLACASA MAXIMOS GOLEADORES SEGUNDA DIVISION Equipo gol
TJOSE ANTONIO FACA (12) AGUALADA 16
PEDRO IVAN GUNDIN (10) UD.SAN ISIDRO 16
JESUS MANUEL RAMOS (12) DP.CARBALLO 13
JESUS JAVIER FACAL (8) ERBECEDO 11
JESUS IGNACIO VARE (9) MALPICA 11
PABLO MSRTINEZ (8) PORTEÑO 10
J MANUEL COUTO GAR (9) UD.SAN ISIDRO 9
LUIS ALBERTO RODRI (20) PORTEÑO 9
IVAN BALSEIRO CAAM (11) LEILOIO 8
ROBERTO SANCHEZ RI (19) MALPICA 8
RICARDO GONZALES V (7) U.D.CERQUEDA 8
VICTOR MANUEL GOME (11) PORTEÑO 7
DAVID TORRES FACAL (9) AGUALADA 7
ALAN LOPEZ FUENTES (3) CAMARIÑAS S.D.V 7

Ligas dos Veteranos en www.futboldacosta.com

Novas dos Veteranos

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios