Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Veteranos: Apretando o alto da táboa

Veteranos: Apretando o alto da táboa
Veteranos do Dumbria co Laxe-Foto-DUmbria

Como se poñen as cousas nos Veteranos. Se na 1ª División os perseguidores acosan ao líder, na 2ª División o alto da táboa está cada vez máis apretado.

Uns Veteranos que seguen co seu particular humor e se non pasen polo Blog dos Veteranos do Malpica

1ª División, xornada 9

O dumbria marca ante o Laxe-Foto-Dumbria

Descansaba o líder, o Hosgran de Corcoesto, esta xornada, e os seus perseguidores aproveitaron para colocarse a tiro. De feito, entre o líder e o 7º clasificado hai apenas 5 puntos, polo que son moitos, con nomes temibles, os aspirantes ao trono.

2º a 2 puntos, e cun partido menos, está o Coristanco, que sifriu para vencer a todo un Zas, nun dos partidos da xornada. I é que o Zas chegaba 2º a este partido pero a derrota o deixa na 5ª posición, iso si, a só 4 puntos do liderato.
Agora 3º, empatado cos coristanqueses, está o Dumbría. Este Dumbría renovado, con moita xuventude nas súas filas, e cunha boa afección detrás, que superaba ao Laxe por 3-1.

Atentos teremos que estar ao Soneira, sempre un dos candidatos ao título. Os vimianceses vencían con claridade ao San Román, que viña facendo un bo comezo de liga, pero que nada puideron facer ante o vendabal soneirán, que cando quere xogar, xoga e ben.

Completan o grupo de arriba os Baio e San Lorenzo, que precisamente disputaban un dos choques máis igualados da xornada. Quedan ambos con 14 puntos despois da vitoria dos de Verdillo en San Andrés, por 0-2, cun gol de Javi e outro de Óscar Suárez, o que o ano pasado aínda foi o pichichi do Malpica na 1ª Autonómica.

Xa na zona baixa, o Cabana é o único que aínda non estreou o taboleiro de puntos, e con el o Xuventude de Bergantiños, con só 2 empates no seu haber. Os dous descenderían a 2ª División.

En canto ao Trofeo Placasa aos Máximos goleadores, na 1ª temos os seguintes nomes:

  • Miguel (Soneira): 9 goles.
  • Alejandro Bello (Hosgran): 8 goles.
  • Marcos Rodríguez (San Lorenzo): 7 goles.
  • José García Cabeza (San Román): 7 goles.
  • José Miguel Suárez (Dumbría): 6 goles.
  • César Ferreiro (Zas): 6 goles.
  • Felipe Solís (Zas): 6 goles.
  • Víctor Cives (Dumbría); 5 goles.
  • Óscar Suárez (San Lorenzo): 5 goles.
  • Óscar Leis (Dumbría): 5 goles.

2ª División, xornada 9

Banco dun equipo dos Veteranos

En 2-3 xornadas deu a volta a táboa da 2ª. Comezaba o San Isidro-Razo, na súa primeira temporada, con 5 vitorias seguidas mandando con autoridade, pero xa leva 3 xornadas sen gañar, caendo á 4ª praza, agora a 6 puntos do líder. Un Agualada, que aínda non coñece a derrota, e que precisamente esta fin de semana superaba ao cadro carballés no seu campo.

Por detrás sitúase o Erbecedo, no segundo enfrontamento directo da mañá dominical ante o Porteño. Ambos chegaban igualados a puntos, e a vitoria dos primeiros os deixa a 1 só punto do Agualada e con 3 sobre o equipo da Ponte.

San Isidro-Razo, Cerqueda e Camariñas aínda teñen opcións de meterse na loita polas dúas primeiras prazas que dan o ascenso.

Haberá que estar atentos a esta xornada, cun Agualada-Erbecedo por todo o alto.

En canto ao Trofeo Placasa aos Máximos goleadores, na 2ª temos os seguintes nomes:

  • Pedro Iván Gundín (San Isidro): 14 goles.
  • José Antonio Facal (Agualada): 12 goles.
  • Jesús Manuel Ramos (Dep. Carballo): 12 goles.
  • Alan Fuentes (Camariñas): 7 goles.
  • Pablo Martínez (Porteño): 7 goles.

Ligas dos Veteranos en www.futboldacosta.com

Novas dos Veteranos

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios