Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Coristanco leva o título de Veteranos

O Coristanco leva o título de Veteranos
Veteranos do Coristanco-Campions de Liga

Menuda Liga a deste curso nos Veteranos da Costa. Este domingo o Coristanco se proclamaba flamante campión, a falta de 2 xornadas para o final, tras vencer, non sen sufrimento, ao Xuv. Bergantiños e aproveitar o tropezo do Soneira en Zas. Un título merecido, merecidísimo, como recoñecen dende Vimianzo. Dous equipos que xogaban a súa segunda temporada en 1ª, despois do seu ascenso na 11/12, sendo a temporada pasada as grendes revelacións pois o o Soneira facíase co título de Liga e o o Coristanco gañaba a Copa tras quedar 4º na Liga.

Foi un título moi traballado polo cadro bergantiñán. Xa na xornada 6 o Coristanco tomaba o mando, pero o Soneira, que arrincara a temporada máis frouxo do esperado, freábao cun empate. O Laxe quedaba de líder durante un par de xornadas para deixar paso a un Soneira que parecía decidido a reeditar o título do ano anterior. Pero na xornada 21, o Soneira empataba en Baio e o Coristanco se aupaba de novo a un liderato que xa non deixou.

Por abaixo, serán Nantón e Camariñas Vet. os que deixen a categoría, tras quedar de últimos destacados.

O Milagrosa, a piques de cantar o alirón en 2ª

Ultimo partido do At Milagrosa de Veteranos

Os que ocuparán as súas prazas na 1ª División serán o At. Milagrosa, e case con total seguridade, o Corcoesto. A falta de tres xornadas para o remate da liga, o At. Milagrosa confirmaba o seu ascenso para voltar, tras dous anos, á 1ª División.

Unha liga moi competida co equipo cabanés do Corcoesto, que necesita un puntiño nas dúas últimas xornadas para evitar que o Erbecedo o alcance, unha vez que son 6 puntos entre eles e o golaverage individual empatado. Así e todo, o golaverage xeral está moi a favor do Corcoesto, con 15 goles de diferencia, polo que o ascenso é practicamente unha realidade.

Dúas xornadas sen practicamente nada en xogo, e en breve, tocará pensar na Copa da Costa de Veteranos.

Novas relacionadas

Blogs dos Veteranos

Máis información

Fonte

Comentarios