Veteranos: O Dumbría sorprende ao Club do Mar
Sen dúbida, a nova máis destacada da xornada 23 nas Ligas de Veteranos foi a segunda derrota do ano do poderoso Club do Mar en Dumbría. O líder destacado, aínda con 12 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o San Lorenzo, sucumbría no Conco ante un Dumbría que amosaba a súa mellor cara, a das tardes boas, a pesar súa irregular temporada. Os Isidro, Martín, Diego ou Antonio (autor do único gol do partido) puideron cos Rubén, Miguel Riveiro e compañía.
Imaxe do Dumbría-Club do Mar Veteranos-Foto-Veteranos Dumbría Imaxe do Dumbría-Club do Mar Veteranos-Foto-Veteranos Dumbría Imaxe do Dumbría-Club do Mar Veteranos-Foto-Veteranos DumbríaPolo demais, a táboa na 1ª está tranquila, con San Román e Soneira apretando pola segunda praza. Por abaixo, parece que Castriz e Hosgran teñen todas as papeletas para descender. O Hosgran está practicamente sentenciado, a 11 puntos do Laxe, que saca á súa vez 5 puntos ao cadro xalleiro.
Quedan 7 xornadas para o remate das Ligas.
O partido da semana
- Ponteceso: Siro, Pepe, Chupi, Óscar, Miguel, Aluche, Alfonso, Chema, Viru, Chinés e Toni. Tamén xogaron: Vidal e Víctor.
- San Román: Añón, Óscar Lendo, Martín, Montero, Carlos, Vechi, Óscar, Santi, Álex, Víctor e Alberto. Tamén xogaron: Suso, Chusca, Marcos, Loureiro e Javi Fontes.
- Goles: 0-1, m.14: Óscar Cotelo dende fóra da área; 0-2, m.28: Alberto; 0-3, m.54: Pablo; 0-4, m.64: Javi Fontes.
O San Román propuxo un partido de moitísimo toque de balón facendo un fútbol moi bonito, superando aos locais e creando ocasións de gol, poñéndos 0-2 ao descanso. A segunda parte o Ponteceso quixo pero non puido, adiantou liñas pero en cada contra o San Román levaba o perigo á portería do gran porteiro Siro, nunha mañá na que non estivo tan seguro como noutros partidos.
Coa saída de Javi Fontes e Marcos, e o San Román recuperou o balón e sentenciaron este partido de gran deportividade.
A 2ª División: O Corcoesto, máis líder
Imaxe do Corcoesto nun partido anteriorVencía tamén o Cabana, e o San Isidro, pero o Corcoesto sumou unha vitoria máis que lle deixa máis cerca do título e do ascenso. O cadro cabanés é o único invicto das dúas ligas, e saca 13 puntos a un San Isidro que pelexará o ascenso co Cabana, que só o aventaxa en 2 puntos.
O Vimianzo non puido co líderOs Pichichis
Novas relacionadas
- X.20: Corcoesto e San Isidro deixan o aberto o título de 2ª e o Ascenso.
- X.14: O Club do Mar pecha a primeira volta como líder indiscutible.
- X.2: Club do Mar, Zas e Milagrosa mandan.
- X.1: O Porteño empeza a tope.
- O Fútbol en Malpica, o reflexo do envellecemento costeiro.
- Fútbol, sol e churrasco no Torneo de Castriz.
Crónicas do ano pasado
- 2015/2016: O Soneira álzase ca Copa da Costa de Veteranos.
- 2015/2016: O At. Milagrosa, campión da Liga de Veteranos:
- 12015/2016: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno.
- 2015/2016: Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román.
Máis información en www.futboldacosta.com
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.