Veteranos: O Porteño empeza a tope
Arrincaron este pasado domingo as Ligas de Veteranos, cun gran protagonista: o Porteño. O cadro camariñán, recén ascendido tras quedar campión da 2ª o ano pasado, comezaba o curso vencendo a SuperCopa B ao Club do Mar no campo do Pinguel por 5-3. E ademais, empeza a Liga de líder, tras superar a todo un Agualada, un equipo que vén moi reforzado e cunha das dianteiras máis temidas do campionato, formada por Toniño e Luís, dous míticos goleadores das Ligas da Costa ata hai ben pouco.
Así, xa están en marcha estas Ligas con alta porcentaxe de equipos bergantiñáns. Máis do 60% dos 30 equipos son de Bergantiños. De feito, na 2ª, son todos de Bergantiños menos Baio, Vimianzo e o novo Fisterra.
En todo caso, en 1ª non houbo nin un só empate e xa comezaron a sumar de 3 en 3 equipos como o Soneira (actual campion de Copa), Zas, Milagrosa (actual campión de Liga), Hosgran, Club do Mar ou San Lorenzo.
Na 2ª, 3 dos equipos malpicáns arrincaron con vitoria nunha Liga que non ten favoritos.
O partido da xornada
Plantel do Agualada de Veteranos- Resultado: Porteño - Agualada (5-2)
- Goles: 1-0, m.7: Toni Javier; 2-0, m.20: Alan; 2-1, m.24: Toniño; 3-1, m.30: Héctor do Faro; 4-1, m.38: Alan; 5-1, m.65: Alan; 5-2, m.72: Torreira.
Fermoso partido no Hermanas Patiño que dá conta do forte que vai o porteño. A presencia dos Toniño e Luís Nantón, ademais dos Mallón e David (ex do Erbecedo) nas filas dos branquiazuis parecía clave, e nos primeiros minutos xa dispuñan de varias ocasións, pero aínda teñen o punto de mira algo revirado. Un man a man erraron cada un ante o meta camariñán, pero a partir de aí, o Porteño comezaba a estirarse e a fixar as marcaxes sobre os puntas rivais, sobre todo da man de Víctor Manuel.
Comezaban os goles, nunha primeira metade de todos, nas que o Porteño estaba moito máis acertado que o cadro visitante. Demasiada renda levou ao descanso o Porteño para que o Agualada puiderse remontar. Un Porteño no que compre destacar o traballo do propio Víctor e de Héctor do Faro.
Luis estivo ben marcado e non puido estrear a conta goleadoraNovas relacionadas
- O Fútbol en Malpica, o reflexo do envellecemento costeiro.
- Fútbol, sol e churrasco no Torneo de Castriz.
Crónicas do ano pasado
- 2015/2016: O Soneira álzase ca Copa da Costa de Veteranos.
- 2015/2016: O At. Milagrosa, campión da Liga de Veteranos:
- 12015/2016: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno.
- 2015/2016: Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román.
Máis información en www.futboldacosta.com
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora Modesto Parga.