Venres. 11.10.2024
El tiempo

Veteranos: Soneira e Club do Mar adiantan o paso cara a final da Copas

Veteranos: Soneira e Club do Mar adiantan o paso cara a final da Copas
Miguel do Soneira e Victor do Porteno de Veteranos Miguel do Soneira e Víctor do Porteño foron dous dos protagonistas do partido

Soneira e Club do Mar deron un paso adiante para meterse na Final da Copa da Costa dos Veteranos. Vimianceses e caioneses conseguiron sendas vitorias pola mínima ante Porteño e Agualada, e afrontarán a volta cunha certa vantaxe. Pero así e todo nada está decidido, e terán que pelexar para colarse na final de Xaviña.  

Soneira - Porteño (1-0)

  • Soneira: Cascoñas, Antelo, Mauro, Mauricio, Javi, Tono, Jemisa, Miguel, Chocolate, Teo e Lareiras. Tamén xogaron: Costa, Álvaro, Félix, Chema e Padronés.
  • Porteño : Santi, Diego, Baña, Javier, Marcos, Víctor, Antonio, David, Héctor do Monte, Kecha e Martín. Tamén xogaron: Pablo, Alberto, Jorge, Parra, Alan, Antonio, Carlos, Lolo e Cesar.
  • Árbitro: Gonzalo Trigo, axudado por Javi e Iván.
  • Gol: 1-0, m.84: Miguel.
Soneira-Porteno de Veteranos-Hector do Campo lesionado Hétor do Campo sobre o céspede tras unha falta

Partido moi disputado no Campo Municipal de Vimianzo entre estes dous equipos que por primeira vez se enfrontaban nesta Liga de Veteranos, xa que o Porteño acaba de ascender da 2ª División. Partido que na primeira parte foi moi intenso pero con pouca chegada as áreas. Apenas un tiro de Martín para Porteño que desvía a córner Coscoñas, metía medo aos soneiráns, que respostaban con máis dominio no medio campo con Miguel e Ton moi finos, pelexando a morte cos Héctor do Campo e Víctor. Héctor no primeiro tempo foi o xogador máis destacado do Porteño, facendo moito dano pola banda coa súa gran técnica individual.

Arrincaba a segunda metade e o propio Héctor tivo unha clara ocasión de gol pero mandou alto ante Coscoñas cando se cantaba o gol. Esta ocasión prendeu a chispa dun Soneira apoiado nun Miguel espectacular, que deu un recital na parte final do choque, marcando un golado dende fóra da área a apenas 5 minutos do remate.

O Porteño intentou virse arriba a polo empate, pero as contras cada vez eran máis perigosas cun Miguel moi metido no partido e Ton que desde fóra do área mandou un tiro moi forte saíu alto por pouco. Do Porteño destacar a Víctor que no medio do campo fixo un gran desgaste físico, buscando sempre ao seu dianteiro Martín, que esta vez non puido marcar debido moito ao gran labor da defensa do Soneira, entre todos Antelo e Mauricio que estaban sempre pendente del. Queda o partido de volta e nada está decidido.

Soneira-Porteno de Veteranos 2 Miguel Filgueira fixo moito dano e tivo varias ocasións de gol  

Agualada - Club do Mar (1-2)

Agualada Veteranos
  • Agualada: Rubén, Rogelio, Alberto, Antelo, Reborido, David, Daniel, Toniño, Oscar, Moreno e Pablo.Tamén xogaron: Amarelle, Couto e Añón.
Club do Mar de Veteranos
  • Club do Mar: Malpica, Víctor, Castro, Turro, Roberto, Jesús, Mauri, Felipe, Suso, Diego e Richad. Tamén xogaron: Yuga, Pablo Malpica.
  • Árbitro: Isidro coa axuda de Miguel e Gerardo.
  • Goles: 0-1, m.13: Richar; 1-1, m.36: Rogelio; 1-2, m.47: Felipe.

Partidado moi igualado entre dous moi bos equipos que buscaban meter un pé na final Abría o marcador o de sempre Richar, pichichi da 2ª. Pero outro goleador, Rogelio, empataba o partido unha vez máis de falta ao borde do área. O gol de Felipe deixa a eliminatoria encarrilada para un Club do Mar que pedía un penalti non sinalada no último minuto e que puido significar a sentenza. En todo caso, o cadro caionés non poderá con Mino, un dos seus grandes puntais de cara a volta.

 

A XIII Final da Copa da Costa dos Veteranos

E xa temos data para a final. O domingo 3 de xuño, ás 11:00h, o Campo de Xaviña de Buño acollerá o gran partido dos Veteranos.

Copa da Costa de Veteranos  

Crónicas deste ano

Máis información en www.futboldacosta.com

Tempadas anteriores

 

Máisinformación

Fonte

Comentarios