Vítor Recarei será presentado este venres como novo subdelegado arbitral da Costa
15:00 22/03/17
Vitor Recarey recoñendo o premio a mans de Marcos Ordróñez, como Árbitro do Ano na Gala do Fútbol da Costa QPC de 2015
Esta semana completarase o cadro de persoal da nova Delegación da FGF na Costa. Ademais do Delegado Manuel Corredoira e de Javi Trigo, a nova sé de Baio contará con Vítor Recarei como o novo subdelegado de Árbitros da Costa da Morte .
O carballés Vitor Recarei Añón (23-02-1982) pertence a organización arbitral desde o ano 2012 e actualmente era árbitro de categoría 1ª Galicia, actuando como asistente en encontros de 3ª División e Preferente Galicia.
Foi ademais nomeado como Colexiado do Ano 2014/2015 na II Gala do Fútbol da Costa-QPC.
A cita terá lugar este venres, día 24 de marzo ás 20:00 horas na sede da Delegación da FGF da Costa da Morte, no Centro Socio Cultural de Baio.
Fonte
- FGF.