Martes. 19.03.2024
El tiempo

Vitoria clave do Volei Dumbría para afianzar o 2º posto

O Conco cheo para o derbi entre Volei Dumbria e Rotogal Boiro
O Conco cheo para o derbi entre Volei Dumbria e Rotogal Boiro
Vitoria clave do Volei Dumbría para afianzar o 2º posto

Segue dando alegrías este Voleibol Dumbría. que esta pasada fin de semana conseguía unha importantísima vitoria ante o Rotogal Boiro. O cadro da Barbanza chegaba 4º, arroupado ademais por un amplo número de afeccionados, coa posibilidade de meterse na loita pola 2ª praza. Pero a entregada afección dumbriesa (este equipo xa ten grupo de siareiros fieis), encheu o pavillón do Conco para levar en volandas aos seus cara unha nova vitoria.

Así, os costeiros afianzan a 2ª praza, aínda a 7 puntos dun intratable EMEVE (co que recortan un puntiño pos venceu 3-2), pero con 5 de vantaxe sobre o Badajoz e xa 9 puntos sobre o Boiro.

Superliga Masculina 2 Grupo A , xornada 15

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Rotogal Boiro (3-1).
  • Parciais: 25-16 / 17-25 / 25-21 / 27-25 / 0-0.

 

Volei Dumbria no ConcoPartido moi emocionante ante dous equipos veciños que deron un gran espectáculo. Empezaría o equipo local impoñendo o seu ritmo para levarse o primeiro set cun contundente 25-16 encabezados por un gran Néstor González e Sergio Bruque que levarían o peso anotador neste primeiro set.

No segundo set os boirenses apretarían ao saque e sabendo o que se xogaban tirarían de casta para igualar o marcador a 1 e impoñerse con moita facilidade por 17-25.

No terceiro set ningún dos equipos facíase co control do xogo e tras un gran inicio dos dumbrieses que poñían o marcador en 10-4 os boirenses achegaríanse ata un 13-14. Os locais conseguirían manter a calma e levarse este set por 25-21.

No cuarto, os xogadores de Luís Alberto Fernández sairían a por todas coa mentalidad de sumar os 3 puntos e afastar a un rival directo pola loita da fase de ascenso. Cun inicio aplastante de 9-3, os visitantes non baixarían a garda e conseguirían darlle a volta e poñer o 14-16 no marcador encabezados polo seu oposto Juan Romeral. De aí ata o final o partido sería un toma e daca con alternancias no marcador ata os puntos finais, onde os xogadores de Emilio Palacio cometerían demasiados erros que aproveitarían os dumbrieses para colocar o 27-25 definitivo.

O oposto dumbriés Néstor González converteríase no home do partido con 32 puntos e 5 bloqueos.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios