mércores. 30.04.2025
El tiempo

Vitorias e derrotas clarificadoras para o volei costeiro

Vitorias e derrotas clarificadoras para o volei costeiro

As vitorias dos máis pequenos, infantís, alevíns e benxamíns puxeron a nota positiva dunha xornada do volei costeiro na que predominaron as derrotas. A máis preocupante foi a das cadetes do Volei Dumbría que as obrigará a xogar os cruces de promoción para evitar o descenso de liga galega.

Pola súa banda, os infantís do Manuela Rial venceron en Lugo ante o Emeve por 0 - 3 (21-25/17-25/23-25) asegurando matematicamente a clasificacion para a fase final.
As infantís do Manuela Rial perderon contra Emeve por 3 - 0 (25-8/ 25-14/ 25-10) e 0 - 3 (19-25/20-25/19-25) ante Calasancias.

As cadetes do Volei Dumbría perderon contra Emeve por 3 - 0 (25-12/ 25-16/ 25-15) e 2 - 3 (16-25/ 24-26/ 25-22/ 25-20/ 1-15) ante Calasancias nunha derrota importante xa que foron a unica victoria da primeira volta. Despois desta derrota as dumbriesas quedan empatadas coas coruñesas a puntos e a sets pero con peor puntuacion total o que as obrigaría a xogar un cruce co segundo do zonal para defender a permanencia na liga galega.

Os cadetes do Volei Dumbría perderon ante o Emeve por 3 - 0 (25-22/25-20/25-12). Os alevíns do Manuela Rial venceron ante Boiro e Ames, mentres que as alevíns venceron ante Dodro e Noia e os benxamins venceron ante Rianxo e Ames.

Vindeira cita

Esta fin de semana as xuvenís do Volei Dumbría disputan a fase final da zonal que da dereito a xogar os cruces de ascenso a liga galega. Pola mañá do sábado disputarán as semifinais ante Ames as 12:00h en Bertamiráns; e pola tarde o 3º e 4º posto xogarase as 17:00h e a final as 19:00h.

Ademais, os infantís do Manuela Rial xogaran ante Sta Mª del Mar o domingo 20 as 10:00h e os cadetes do Volei Dumbría as 12:00 h ante Sta Mª del Mar en A Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios