Luns. 07.10.2024
El tiempo

Volei: Unha montaña rusa de compromiso

Volei: Unha montaña rusa de compromiso
O Volei Dumbria cos traballadores de Ferroatlantica O Volei Dumbria cos traballadores de Ferroatlantica

Menudo partido este pasado sábado no Conco. Un partido de contrastes, que foi unha auténtica montaña rusa de emocións e xogo por parte dos dous equipos, que fixo as delicias dos case 500 espectadores que poboaban as gradas do municipal dumbriés. Unha bancada entregada ao seu equipo que saltaba ao campo demostrando o compromiso do deporte coa sociedade costeira e amosando o seu apoio aos traballadores de Ferroatlántica.

Derrota no campo

choque-do-volei-dumbria-na-casa

Enfrontábanse dous equipos moi diferentes en estilo de xogo e experiencia. O partido empezou cun primeiro set dominado claramente polo equipo local, baseados nunha gran defensa e bloqueo, e un ritmo elevado de xogo, permitiulles levarse o primeiro parcial por un 25-18 O segundo set foi un continuo desgaste dos dous equipos cunha igualdade máxima que os xogadores locais non puideron pechar na fase final cun 21-18 ao seu favor. Un arreón final dos xogadores do Arona permitiulles levarse o set cun axustado 24-26.

A perda deste set desmoralizou aos xogadores locais que non souberon repoñerse e acabaron cedendo claramente as dúas mangas seguintes por uns claros 25-14 e 25-10.

O cadro de Charli queda na 7ª praza, con 3 equipos aínda por detrás, sumando 7 puntos. A vindeira xornada, o sábado 19 recibe de novo ao Universidad de Valladolid ás 17:00h no Conco.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios