Volve o Autocross a Carballo

11:16 29/06/11

Non pasou apenas mes e medio dende que Carballo acollerá o III Autocross Bergantiños, e xa volven os vehículos á pista.
Esta fin de semana de venres 1, sábado 2 e domingo 3 de xullo o Circuíto Municipal de Motor de Bértoa, acolle, por terceiro ano consecutivo, unha proba de Autocross a nivel estatal: o III Campeonato de España de Autocross Carballo.