www.futboldacosta.com: O único carrusel do fútbol modesto galego


Ademais dos Numerosos Contidos que temos preparados este curso, para manter a atención dos futboleiros durante toda a semana, as fins de semana serán de carrusel no Fútbol da Costa.
Un ano máis, gracias á colaboración de máis de 35 membros dos nosos clubs, imos poder manter unha das maiores apostas de QPC polo Fútbol da Costa. Ese carrusel tecnolóxico, único no fútbol modesto de Galicia, onde temos cada fin de semana os goles en tempo real a través da plataforma www.futboldacosta.com.
A través de varios grupos de whatsapp os nosos informadores de cada equipo vannos enviando os goles en directo das ligas Preferente, 1ª, 2ª e 3ª Galega, e así os imos subindo á plataforma en tempo real. Saben ademais que actualizamos o resto de categorías (Xuvenís, Cadetes, Infantís, Veteranos...) xusto ao remate dos partidos.
O ano pasado eran máis de 1.500 os siareiros que cada domingo están conectados durante toda a tarde á plataforma, sendo máis de 10.000 as persoas que ollan os resultados ao longo da fin de semana.
Patrocinadores
Cómpre agradecer aos patrocinadores que fan posible este carrusel. Este ano, por agora seguimos contando con Estación de Servizo Bazarra, Seguros Reale-Baio e Restaurante D'Alvaro.
Se estades interesados podedes poñervos en contacto con nós en info@quepasanacosta.com ou no 637 704 893.
Como seguirnos
Entra no navegador do teu móbil en www.futboldacosta.com e pincha en “Engadir a pantalla de inicio”, para ter a plataforma a golpe de click.
Máis información
- Novos contidos para a nova temporada do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.
- Toda a actualidade do noso fútbol na Páxina de Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de fichaxes “donCLIC” e lista con todos os adestradores do Fútbol da Costa 2017/2018.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).