Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xa temos cuartofinalistas da Copa da Costa

Xa temos cuartofinalistas da Copa da Costa
A competición non dá tregua e na festividade de Galicia, os xogadores tiveron que poñerse as botas para xogarse o pase aos cuartos da Copa. Coñecemos xa os sorteos das Fases de Ascenso e falta por saber o sorteo da promoción de segunda para a primeira, paralizado este luns a petición do Malpica e do Corme a espera de que estes tomaran a decisión de ascender ou non. Hoxe fixeron público os cormeláns que renunciarán ao ascenso como protesta as modificacións feitas pola Federación, non convence aos da terra do Roncudo ir xogar a zona de santiago e cren que pode haber outras solucións mellor para os equipos da zona Norte, presentarán unha proposta en breve. Foi doloroso tomar a decisión, pois ao xoven plantel cormelán facíalle ilusión xogar na Primeira, aínda que entende a situación e xa están mentalizados en xogar para gañar a liga da Costa para o vindeiro ano. Esta decisión ten importante consecuencias, pois o Fisterra ascende directamente, mentres que o Malpica terá a opción de xogar o playoff. Honra ao Corme tomar esta dura decisión xa, pois de esperar máis, podería facer que o Fisterra no ascendera, si perdera o playoff e o Malpica non tería a oportunidade de disputalo. Centrándonos na Copa da Costa, xa temos os cuartofinalistas. Non houbo sorpresas e os favoritos pasaron aos cuartos. O Soneira chegoulle a primeira metade para marcar dous golazos e matar a eliminatoria, aínda que na segunda metade o encontro púxose moi feo e o Muros acabou reducindo distancias, pero non puxo en apuros o pase soneirán. Agora os de Vimianzo terán triple enfrontamento co Santa Comba que pasou sen apuros ante un Ponteceso que plantexou o encontro como o final da tempada e brindoulle unha homenaxe ao seu lateral dereito, Fabián, que hoxe colgou as botas. O Cee deixouse levar en Portorubio e acabou perdendo nunha eliminatoria máis que sentenciada na ida. Pese a mala campaña dos de Cee, semella que no seu trofeo estrela revive e xa están en cuartos onde lles espera o Xallas que sufriu máis do esperado para sacar a diante a súa eliminatoria. Acabaron pedindo a hora en Carnota os de Iván cancela, onde o empate a uns lle deu o pase. Polo outro lado do cadro, o Camariñas gañou na casa por 4-1, ante un San Lorenzo que non mereceu tanto castigo, quedan os de Verdillo co bo sabor do final de campaña e cunha eliminatoria máis igualada do que di o marcador global. Os de Pepucho veranse as caras agora fronte ao Corme que sufriu moito para desfacerse dun terceira que vendeu moi cara a súa pel e que, ao igual que o San Lorenzo, fixo un final de campaña moi bo. O, a priori, enfrontamento máis desigual dos cuartos será o que enfronte a Cabana e Dumbría. Os dumbrieses sufriron e moito para saír vivos na copa do campo do Carral, acabou con nove xogadores o Sofán e reclamando unha pena máxima que houbera cambiado o sino do encontro. O Cabana gañou na prórroga por 1 gol a 2 ante un Zas que non lle meteu moita intensidade ao encontro. Si pola diferenza de categoría o encontro de cuartos xa é desigual, máis o será, pois o Cabana cos playoff de ascenso a liga da Costa o domingo e coa final da copa de xuvenís o sábado complicado para Pablo Mallón facer un once máis ou menos competitivo.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios