Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xustiza e gloria para o Zas

Xustiza e gloria para o Zas
Acadou a vitoria que lle faltaba un Sporting que cobrou a débeda que lle tiña o fútbol e se convirte así no cuarto representante costeiro en Primeira Autonómica Familia do Zas celebrando o ascenso á 1ª en Brión Familia do Zas celebrando o ascenso á 1ª en Brión Bastavales 1-2 Sporting Zas
  • Campo: Municipal de Brión
  • Bastavales: Julián, Óscar (Grossi m.75), Jacobo, Álex, Lavandeira (Villaverde m.61), Rubén Cela, Víctor (Pablo Castro m.75), Adrián (Kevin m.67), Sainz e Miguel
  • Sporting Zas: Bugy, Marcos (Adrián m.82), Rubén Forján, Braulio, Manuel, Isma, Diego Suárez (David Blanco m.63), Cilindro, Dani Mato, Rubio (Carlos m.90) e Diego Fernández
  • Árbitro: Otero Domínguez (Santiago). Amonestou a Jacobo e Rubén do Bastavales; Braulio do Sporting Zas
  • Goles: 1-0 m.17 Julián; 1-1 m.44 Diego Fernández; 1-2 m.83 Álex, en propia meta
Tivo que remontar o Sporting en Brión Tivo que remontar o Sporting en Brión Non estivo só o cadro de Víctor Pazos Non estivo só o cadro de Víctor Pazos O campo favoreceu a velocidade sportinguista O campo favoreceu a velocidade sportinguista Despois de todo o ano seguindo ao equipo, o delegado e directivo Roberto Mouro tivo que celebrar o ascenso en Madrid, en non dubidou en ir a Cibeles Despois de todo o ano seguindo ao equipo, o delegado e directivo Roberto Mouro tivo que celebrar o ascenso en Madrid, en non dubidou en ir a Cibeles San Andres viaxo co Zas San Andres viaxo co Zas a Brión     E por fin o fútbol devolveulle ao Sporting Zas o que un ano atrás lle negara. Despois dun longo camiño, de case corenta partidos entre liga e liguilla, é novo equipo de Primeira Autonómica. Acadouno cun triunfo nos derradeiros intres da súa visita a Brión, cun Bastavales co que inaugurara a súa participación na rolda decisiva, e contra o que aprendeu o que é sufrir e remontar. O éxito dos de Víctor Pazos tivo, ademáis, eco na Ponte do Porto, onde o Porteño celebra tamén a estas horas a súa permanencia na Liga da Costa. Será un cuarteto a orquestra costeira na vindeira Primeira. O Dumbría chega descendido de Preferente, o Outes coa vida recén saneada, e Fisterra e Sporting Zas retomando o pulso da Liga da Costa. O listón está ben alto, con dous ascensos este mesmo mes, pero tamén co aviso do sucedido a Baio, Corme ou Malpica. Unha vez máis, o Sporting non camiñou só e estivo arroupado por unha numerosa representación de seareiros, que prolongarán a festa ata altas horas.  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios