Xuvenil Sur: Cee e Outes continúan comandando
Continúan Cee e Outes no alto da táboa, contando vitorias por cada un dos 4 encontros disputados. Os de José Carlos e os de Manu Roque e Tomé non dan tregua. Os primeiros superaban, con facilidade, ao Mazaricos. Mentres que os segundos sufrían máis para sacar os 3 puntos.
Por detrás mantéñense Soneira e Santa Comba, que parece que van collendo o tono da competición e xa se asemellan máis aos equipos que o ano pasado fixeron unha gran temporada.
Mazaricos - Cee (0-7)
- Mazaricos: Rubén, Fran, Mario, Javier, Mipadre, Alberto (José, min.70), Ferreiro, Cristian (Alex, min.70), Carreira (Mario Brandoñas, min.55), Sandelo, Molinos.
- Cee: Iván (Abraham, min.60), José Ramón, Aitor, Isma, Tonecho (Jesús, min.70), Sergiño (Uri, min.55), Tebo, Carlos (Alex, min.65), Rubén, Chiru (Cibrán, min.60), Pablo.
- Goles: 0-1, min.15: José Ramón; 0-2, min.30: Chiru nunha gran xogada individual; 0-3, min.40: Sergiño; 0-4, min.60: Carlos; 0-5, min.70: Carlos; 0-6, min.75: Uri de falta; 0-7, min.80: Uri.
- Expulsión: Mipadre, min.60.
Non foi o partido tan tremendamente claro como indica o marcador. De feito, na primeira metade puido poñerse por diante o Mazaricos e co 0-0, Molinos marrou un penalti, e tiveron sendos mans a mans Carreira, Sandelo e Molinos.
Pero dende o 0-1, conseguido por José Ramón, o Cee foi claro dominador, e sobre todo, moi certeiro cara gol. Cada chegada á meta rival era un gol e así foron chegando un tras outro. A expulsión de Mipadre non fixo máis que sentenciar o partido.
Dumbría A - Soneira (2-5)
- Dumbría A: Aitor, Roi, Samuel (Antón, min.65), Adrián Ozón (Rafa, min.55), Jose, Israel, Blanco (Damián, min.46), Martín (Lucas, min.60) , Dito, Javi (Rubén, min.80) e Marco.
- Soneira: Juan, César, Curra, Pichón, Héctor, Figueroa, Richi, Javier Cachirulo, Capote, Cristian Canosa, Pablo Picachu. Tamén xogaron: Toja, Alberto, Ángel, Cristian Álvarez.
- Goles: 0-1, min.20: Capote; 1-1, min.25: Javi; 2-1, min.35: Richi de falta; 2-2, min.40: Figueroa; 2-3, min.55: Javier Cachirulo; 2-4, min.65: Richi; 2-5, min.80: Cristian Canosa.
Continúa mellorando o cadro de Pablo Conde, e esta fin de semana a piques prantou cara a todo un Soneira durante moitos minutos. De feito, o encontro estivo moi igualado e mesmo os dumbrieses foron capaces de darlle a volta ao gol inicial de Capote.
Pero o vento foi clave, e se durante a primeira metade favoreceu aos locais, no segundo tempo estivo de cara para os de José Ángel e Vía Rápida, que tiveron máis pegada e resolveron nos primeiros 10 minutos.
Esteirana - Santa Comba (1-4)
- Esteirana: Matías (Adán, min.60), Eloi, Abel, Meco, Pedro (Diego, min.55), Javi Paluca, Jacobo, Brubo, Agustín, David (Pexejo, min.75), Adrián (Djamber, min.75).
- Santa Comba: Gabri (Pablo, min.46), Alberto, Josito, César, Gabriel (Fran, min.75), Dani Martínez, Styven, Eloy (Jordi, min.70), Miguel, Iván (Richi, min.77), Marquiños (Marcos Álvarez, min.85).
- Goles: 0-1, min.20: Miguel a centro de Iván; 1-1, min.25: Bruno; 1-2, min.42: Eloy tras un saque de banda; 1-3. min.70: en propia metade; 1-4, min.75: César de cabeza.
Partido igualado, sobre todo na primeira metade, na que o Santa Comba, ben colocado e con máis veteranía, levou o peso do choque. Miguel adiantou aos xalleiros pero Bruno anulou de contado a vantaxe. Importante foi o gol de Eloy antes do descanso, e clave foi o que marcaron en propia meta os esteiráns, que decaeron totalmente tras ese terceiro tanto. Así e todo, os locais non chegaran demasiado á meta de Gabri, pero si que prantaran cara a este potente Santa Comba.
Muros - Fisterra (2-5)
- Muros: Miguel, Santi de Pura, Iván, Diego, Samuel, Alberto, Javi de Vístete, Pacola, Moncho, Adrián, Minos. Tamén xogaron: Iván I, Sergio, Marcos, Dieguiño.
- Fisterra: David, Gonzalo, Roberto, Noé (Javi, min.20), Cote, Rubén, Gabriel, Suárez (José Manuel, min.70), Champi, C. Hidalgo, Bruno (Miguel, min.82).
- Goles: 1-0, min.1: Minos; 1-1, min.15: Bruno; 1-2, min.25: Bruno 2-2, min.40: Adrián; 3-2, min.55: Suárez; 4-2, min.60: Bruno; 5-2, min.75: Bruno.
- Expulsión: o xogador fisterrán Gonzalo.
Comezou arrollador este novo Muros cun tanto de Minos nada máis porse o balón a rodar. Pero foi un espellismo. De contado, o Fisterra tomou o mando e as dúas primeiras xogadas de ataque clara foron aproveitadas polos de Roco para xa poñer o 1-2 no marcador. Aínda tivo arrestos o Muros para empatar antes do descanso, por medio dunha xogada illada de Adrián.
Pero na segunda, tralo terceiro gol do Fisterra, xa acabou o partido, os muradáns baixaron os brazos e os fisterráns puideron ata ampliar o marcador.
Corcubión - Outes (1-2)
- Corcubión: Abelleira, Sergio, Pablo, Iván, Adrián, David, Javi, Toni, Gabi, Lema, Adri. Tamén xogaron: Kike e Pico.
- Outes: Jona, Rafa (Chía, min.46), Jurado, Alex, Juan (Pedrosa, min.46), Pablo, Babu (Piti, min.67), Sergi (Nine, min.63), Edu (Abraham, min.86), Rubén e Elías.
- Goles: 1-0, min.36: Lema; 1-1, min.69: Pablo; 1-2, min.84: Elías.
- Expulsión: Un xogador local (min.69) con cartón vermello directo.
- QPC MOTOR: Fin de semana de abandonos nos rallis de Llanes e na Baixa Limia para os pilotos costeiros.
- Xuvenil Norte: O Zas bótalle o freo ao Dumbría B mentres o Malpica forte.
- 3ª Autonómica: 10 equipos para 6 postos.
- 2ª Autonómica: Golpe do Camariñas.
- Preferente: Só un punto entre os 4 equipos costeiros,
- 1ª Autonómica: Co motor a medio gas.
- Resultados deste fin de semana estival de mediados de outuro.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Jorge Domíguez de traslamirillablanquiazul.blogspot.com.
Vitoria do Outes nun campo maldito para eles, pois dende a súa reaparición o club nunca fora capaz de gañar no novo Cubaleiro. Pola súa banda segue o Corcubión sen levantar cabeza, que non foi tan superior como indica a táboa.
Lema, xa un dos fixos no cadro da Liga daCosta, adiantou aos locais antes do descanso cun tiro raso, nunha das poucas ocasións que tiveron ambos conxuntos.
Tralo descanso os de Outes reaccionaron e primeiro empatou Pablo, cunha media vaselina tras unha recuperación del mesmo. Este gol foi protestado polos locais por unha posible plantilla sobre un xogador corcubionés no roubo de balón, e que acabaría co xogador local expulsado por protestar.
A pouco do final, unha contra ben levada polo cadro sureño finiquitaba o choque por medio de Elías, que tras recibir un pase de Rafa, plántase só co porteiro que bate para marcar o definitivo 1-2.